“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A Xunta destina 300.000 euros a axudas para ver a TDT en Lugo e Ourense

26/01/13 - A Xunta de Galicia vai destinar case 300.000 euros no exercicio 2013 para subvencionar a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura, esencialmente dos concellos do interior de Lugo e de Ourense.

Estas axudas, que tramita a Secretaría Xeral de Medios en colaboración coa Administración Xeral do Estado, están reservadas para os que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia.

Prevese que esta subvención, que será de ata 300 euros por fogar, beneficie, no presente exercicio, máis de 1.000 familias. A axuda será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboren coa Xunta.

Este servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) permite, segundo a Xunta, gozar de xeito gratuíto das canles de televisión dixital terrestre nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Serán subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar un máximo dun equipamento por usuario e vivenda. Ademais, co fin de non discriminar as familias que xa teñan instalado este servizo, estas poderán solicitar un segundo receptor na súa vivenda.

Ampliar información –
http://elprogreso.galiciae.com/nova/226475-xunta-destina-300000-euros-ayudas-ver-tdt-lugo-ourense

Fonte –
http://elprogreso.galiciae.com/