“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Artículos

Que é o dividendo dixital?

O Dividendo Dixital é o proceso que consiste na reorganización dalgunhas canles nas que se está a emitir a televisión dixital na actualidade para deixar libre a banda de 800 MHz, necesaria para os novos servizos de banda larga. Este proceso debe estar rematado o 1 de xaneiro de 2015 (directiva europea)

Como podo ver as canles que emiten o sinal de TDT en Alta Definición?

Algunhas das novas canles están a emitir o sinal de TDT en Alta Definición segundo o establece o Real Decreto 691/2010, de 20 de Maio.

Para poder recibir estas canles, ademais de ter cobertura e ter a antena adaptada, segundo o indicado anteriormente, debe dispor dun sintonizador de alta definición.

Para máis información pode consultar a sección de emisión en Alta definición desta web.

Que é o apagamento analóxico?

En España, a TDT concibiuse como unha tecnoloxía sustitutiva da analóxica. O proceso de cambio de tecnoloxía denominouse apagamento analóxico, e se realizou de forma progresiva segundo o calendario definido no Plan Nacional deTransición á Televisión Dixital Terrestre. A data a nivel estatal na que se produciu o cesamento total das emisións analóxicas foi o 3 de abril ano 2010.

Como podo ver as novas canles de TDT?

O Real Decreto 365/2010, de 26 de Marzo asignou novos múltiple dixitais da TDT, o que deu lugar a un aumento da oferta televisiva, co comezo de emisión de novas canles.

Para poder recibir estas novas canles son necesarios os seguintes requerimentos:

  • Dispor de cobertura: Os radiodifusores irán ampliando progresivamente a cobertura destas canles ata alcanza ao 96% da poboación no mes de Maio de 2011 (prazos especificados no devandito Real Decreto).
  • Realizar unha búsqueda de canles: Este procedemento pode varíar dependendo do modelo do receptor que dispoña.
  • Ter a antena adaptada as novas canles: Se vive nunha vivenda unifamiliar con antena individual e se atopa nunha zona de cobertura, polo xeral non será necesaria realizar ningún tipo de adaptación. No caso de que viva nun edificio con instalación colectiva, é necesario que esta estea adaptada. Pode consultalo co Presidente da súa Comunidade de veciños ou co seu Administrador de Fincas. No caso de ser necesario, a Comunidade deberá poñerse en contacto con un instalador de telecomunicación homologado para que lle realice esta adaptación.

Que é a televisión analóxica?

A televisión analóxica é o sistema tradicional de televisión que utiliza ondas magnéticas para transmitir e mostrar imaxes e sons. É o sistema que se veu empregando desde o inicio das emisións de televisión. Nestes momentos xa se produciu o cesamento das emisións de televisión en analóxico, e só se emite o sinal en tecnoloxía dixital.