“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Emisións en Alta Definición

High Definition Television (Televisión de alta definición), ou HDTV é un formato de televisión dixital que emite os sinais de televisión cunha calidade superior aos sistemas existentes (PAL, NTSC e SECAM).

As emisións de televisión digital terrestre en alta definición deben cumprir que a súa resolución vertical sexa igual ou superior a 720 liñas activas cunha relación de aspecto d 16:9 e o sistema de codificación de video H.264/MPEG-4 AVC (segundo Real Decreto 691/2010).

A considerable mellora da resolución e o formato panorámico consigue unha visualización de programas máis realista e impactante.

Para recibir estas emisións, necesitase un receptor TDT que sexa compatible coa TDT de Alta Definición.

Logos:

Existen no mercado diferentes logos para as televisións que definen a súas características en relación á recepción do sinal de televisión de Alta Definición:

hdreadypeq

HD Ready. Aparece nos dispositivos (TV integradas, monitores e proxectores) que poden aceptar, procesar e visualizar sinais en alta definición de 720p e 1080i. Para desfrutar de emisións de TV en Alta Definición, estes dispositivos precisan doutro, marcado con “HD TV”, que reciba e decodifique o sinal.

hd_tv

HD TV. Aparece nos receptores de televisión (incluindo Set-top boxes e televisión dixitais integradas) que poden recibir e decodificar as transmisións de alta definición (720p, 1080i).

hd_ready_1080p

HD ready 1080p. Marcan aqueles dispositivos (televisións dixitais integradas, monitores e proxectores) que poden aceptar, procesar e visualizar sinais 1080p (ademais de sinais 720p e 1080i). Para desfrutar de emisións de TV en Alta Definición, estes dispositivos precisan doutro, marcado con “HD TV”, que reciba e decodifique o sinal.

hd_tv_1080p

HD TV 1080p. Aparece nos dispositivos “HD ready 1080p” que poden recibir e decodificar as transmisións de alta definición (720p, 1080i).

fullhd

Adicionalmente, é habitual atopar outro logotipo de carácter propietario, Full HD, que, en principio, identifica aqueles dispositivos que poden visualizar imaxes de alta definición 1080p (equiparable neste sentido ao HD ready 1080p).

Logo-UHD

Digitaleurope desenvolveu un logo Ultra HD para un novo estándar de vídeo para axudar os consumidores a diferencialo do logo de alta definición (HD) estándar. Esta etiqueta informa aos consumidores de que o dispositivo de visualización é compatible con todos as principais fontes de contido en ultra alta definición e que pode mostrar este contido en formato Ultra HD. Os dispositivos Ultra HD teñen unha maior concentración de píxeles que os modelos HD anteriores. Os 8 millóns de píxeles de Ultra HD permiten mostrar imaxes cunha profundidade e unha claridade nunca alcanzada até agora.