“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Glosario

A

Analóxico

Sistema de transmisión dun sinal que varía de forma continua. Contraponse a dixital que transmite sinais binarias (0 e 1).

Ancho de banda

Lonxitude, medida en hercios (Hz), do rango de frecuencias no que se concentra a maior parte da potencia do sinal.

Antena  comunitaria

Sistema de recepción do sinal de televisión no que unha única antena recibe o sinal que se distribuirá a un conxunto de vivendas.

B


Bit

Binary Digit. Unidade mínima de información. Un bit represéntase pola presencia ou ausencia dun impulso elctrónico (0 ou 1 en binario).

Banda de frecuencia

Porción do espectro radioeléctrico que contén un conxunto de frecuencias determinadas.

C

Canle de  retorno

O que permite a comunicación do usuario co operador para poder facer uso de certos servizos interactivo. 

Cobertura

Ámbito xeográfico no que poden recibirse os sinais correspondentes. No caso da TDT local, a cobertura vén determinada polo ámbito especificado para cada demarcación no Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Local.

Compresión

Consiste na redución do volume de información a tratar.

D

 

Dividendo Dixital

Proceso polo cal unha banda de  frecuencias deixa de ser usada para a transmisión do servizo da televisión terrestre, e estas frecuencias son asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos. Durante o  primeiro dividendo Dixital liberáronse as frecuencias entre 790 MHz e 862 MHz (canles 61 a 69 de UHF). No proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital as frecuencias afectadas son as comprendidas entre 694 e 790 MHz (banda de 700 MHz).

Dixital

Dise que un sinal é dixital cando as magnitudes da mesma represéntanse mediante valores discretos en lugar de variables continuas. Os datos dixitais represéntanse como unha cadea de 0 e 1, denominados bits.

Dixitalizar

Converter sinais analóxicos en dixitais.

DVB

Dixital Video Broadcasting: Organización que promove estándares de televisión dixital aceptados internacionalmente.

E

EPG

Electronic Program Guide (EPG, guía electrónica de programas): Guía en pantalla que informa dos programas e que orienta ao usuario no momento de seleccionar un programa.

I

ICT

Infraestrutura Común de Telecomunicacións: As Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións permiten aos residentes dun conxunto de vivendas acceder aos servizos de telecomunicacion (radio e televisión, telefonía e datos).

M

MPEG

Motion Picture Expert Group. É o patrón de compresión utilizado polas emisoras para o envío de datos.

 

MPEG2

Norma internacional de compresión de imaxe e sonido basado no MPEG. Trátase dun estándar definido para a compresión de video que é utilizado para a transmisión de imaxes en video dixital.

Múltiplex

Canle que permite albergar varios programas dixitais de televisión (polo menos 4) e outros servizos dixitais (radio, datos, etc...).

P

PIxel

Abreviatura de Picture Cell. É o nome que se lle da a unha mostra de información da imaxe.

R

Receptor  dixital terrestre

Equipo doméstico utilizado na recepción e decodificación de sinais de TDT. Pode estar integrado no televisor (IRD, integrated receiver decoder), ou ser un elemento externo (STB, Set Top Box)

Reemisor

Conxunto de aparellos que reciben e remiten o programa difundido por outro emisor de radiodifusión.

S

Servizos  interactivos

Contidos nos que o televidente a través do seu mando a distancia pode participar achegando, modificando ou elixindo o contido final.

STB

Set Top Box. Dispositivo que recibe o sinal dixital e a decodifica para a televisión analóxica. 

T

TDT

A Televisión Dixital Terrestre (TDT) é a tecnoloxía para difundir sinais de televisión que substituíu á televisión analóxica convencional. En TDT, as transmisións de imaxe e son realízanse en tecnoloxía dixital, o que permite un incremento do número de canles de televisión, unha mellor calidade e a posibilidade de incorporar servizos interactivos que outorgan aos espectadores a capacidade de constituírse como un elemento activo dentro do mundo audiovisual.

U

UHF

Ultra High Frequency. Banda de frecuencias comprendida entre 300 e 3000 MHz. Correspóndese ao rango de canles de televisión do 21 ao 69.

V

VHF

Very High Frecuencia. Banda de frecuencias comprendida entrre 30 e 300 MHz.

1

16:9

Forma de expresar a relación de aspecto dos televisores panorámicos.

Proceso polo cal as frecuencias entre 790 MHz e 862 MHz (canles 61 a 69 de UHF) deixan de ser usadas para transmisión da televisión terrestres e son asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos.