“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Cobertura

 

 

 

cobertura 1

 

Comprobación de cobertura

Para gozar da Televisión Dixital Terrestre na túa casa, o primeiro paso que debemos realizar, antes ata que revisar a nosa antena e comprar un receptor de TDT, é comprobar se efectivamente dispomos de cobertura TDT na nosa vivenda, é dicir, se se recibe o sinal de TDT emitida pola rede actual de centros emisores e reemisores. A este respecto, o enlace que se presenta a continuación permite visualizar as coberturas estimadas en toda a xeografía galega:

Comprobe a súa cobertura

 

WebGIS

Esta ferramenta permite dun xeito gráfico comprobar a cobertura da Televisión Dixital nas entidades de poboación de Galicia. Debe terse en conta que os datos que se recollen en dito mapa son estimacións elaboradas mediante ferramentas específicas de cálculo de coberturas, o que pode dar lugar a pequenos erros e desviacións de cobertura en determinadas zonas da complicada orografía galega. Para maior seguridade, estes resultados deben ser contrastados por medidas reais de campo, realizadas no lugar preciso onde se desexan recibir os sinais de televisión dixital terrestre. Nese caso, aconséllase a consulta a empresas instaladoras de telecomunicacións (para máis información ver o apartado procura de instaladores).

Aquí pode acceder a esta ferramenta:

http://www.tdtgalicia.es/webgis/TDT/inicio.php

 

Dispositivos móbiles

MobiTDT Cobertura é un desenvolvemento web que permite a consulta da cobertura de TDT desde dispositivos móbiles (smartphones) segundo a súa posición.

Para o seu uso é preciso dispor dunha conexión de datos e non precisa instalación. A consulta de cobertura realizase accedendo directamente á seguinte URL:

http://www.tdtgalicia.es/coberturatdt/index.php

Así, a partir dos datos de ubicación (GPS) do dispositivo, ofrécese información (canles emitidas, acimut, ...) sobre os centros que dan cobertura ao núcleo de poboación máis próximo. Adicionalmente é posible consultar o perfil do terreo entre a posición do móbil e o centro de difusión seleccionad.

O funcionamento da aplicación web de consulta de cobertura está probado nas últimas versións dos sistemas operativos de dispositivos móbiles Android, iOS e Windows Phone e utilizando os navegadores habituais (Google Chrome, Safari, Internet Explorer, Firefox, ...)