“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 9 - 15 de xaneiro

09/01/2023: Entre os días 9 e 15 de xaneiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de Carnota, Muxía, Zas e Baralla.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Abegondo, Arzúa, Corcubión, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Narón, Neda, Noia, Padrón, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Toques, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Vilalba, Os Blancos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Piñor, Viana do Bolo, O Grove, Pontevedra, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 19 - 25 de decembro

19/12/2022: Entre os días 19 e 25 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de Cerceda e Covelo.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Boiro, Cee, Culleredo, Fene, Ferrol, A Laracha, Narón, Ribeira, Santiago de Compostela, Teo, Lugo, Vilalba, O Carballiño, Nogueira de Ramuín, Cangas, Lalín, Moaña, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

A British Broadcasting Corporation (BBC) formula o fin das súas emisións en TDT no 2030.

12/12/2022: A British Broadcasting Corporation (BBC), a mais veterana das televisións públicas en Europa, ven de lanzar un extenso comunicado, a través do seu  director xeral, no cal indica que, de cara ao 2030, estase a preparar ante un posible apagado das  súas retransmisión a través da TDT.

A BBC formula un futuro no que a entrega e consumo de contidos audiovisuais realizarase en liña. Lonxe de rexeitar esta posibilidade, a BBC pretende explorar as posibilidades que este novo panorama ofrece para aumentar o seu valor  e estimular o mercado dos medios audiovisuais, polo que está a traballar na súa transformación ante esta nova perspectiva.

Por outra banda, para poder acadar o seu obxectivo de servizo público a través da internet, insta aos poderes públicos a axilizar a lexislación que recoñeza este cambio no sector e a garantir o acceso a redes de banda larga para todos os cidadáns, para que estes poidan seguir accedendo a todos os contidos de radio e televisión a través da internet, de xeito gratuíto e universal, tal e como se poden obter na actualidade, mediante a recepción do sinal de TDT.   

Fonte: BBC

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 12 - 18 de decembro

12/12/2022: Entre os días 12 e 18 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Punxín.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Brión, Cambre, Cedeira, Culleredo, Oleiros, Padrón, Porto do Son, Ribeira, Teo, Tordoia, Trazo, Celanova, Lalín, Nigrán, Pontevedra, Sanxenxo, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 5 - 11 de decembro

05/12/2022: Entre os días 5 e 11 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de Cedeira, A Pastoriza e Celanova.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Arzúa, Cabana de Bergantiños, Culleredo, Narón, Padrón, Santiago de Compostela, Abadín, Lugo, A Peroxa, Baiona, Moaña,  Pontevedra, Salceda de Caselas e Vigo.