“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 21 ao 27 de agosto

21/08/2023: Entre os días 21 e 27 de agosto, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirá un novo acendido son os de Baleira e Pol.

Os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, A Coruña, Noia, Begonte, Navia de Suarna, Vilar de Barrio e Redondela.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

 

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

 

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 14 ao 20 de agosto.

14/08/2023: Entre os días 14 e 20 de agosto, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirá un novo acendido son os de Taboada, Cartelle e Vilar de Barrio.

Os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Aranga, Touro, Castro de Rei, Monforte de Lemos, Lalín e Ponteareas.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

 

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

 

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 7 ao 13 de agosto.

7/08/2023: Entre os días 7 e 13 de agosto, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirá un novo acendido son os de Riotorto e Castrelo de Miño.

Os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Cabanas, Cerceda, Malpica de Bergantiños, Narón, Ribeira, Sada, Monforte de Lemos, Lobios, Manzaneda, A Rúa, Baiona, Lalín e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

 

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

 

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 31 de xullo ao 6 de agosto.

31/07/2023: Entre os días 31 de xullo e 6 de agosto, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Fene, O Pino, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Barreiros, Castro de Rei, O Corgo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Allariz, Ourense, A Pobra de Trives, Bueu, Cambados, Lalín, Moaña, O Porriño e Redondela.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

 

RTVE emitirá regularmente con calidade de Utra Alta Definición (UHD) a partir de febreiro.

26/07/2023: Radiotelevisión Española aprobou o comezo de emisións regulares do sinal de TDT con calidade UHD a partires do 15 de febreiro de 2024.

Ata o de agora, RTVE realiza emisións da TDT con calidade UHD a través da canle en probas autorizada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais. Segundo datos de RTVE, a zona de cobertura desta canle, alcanza ao 60% da poboación española, aproximadamente. Puntualmente e previa autorización, tamén  emitiu  a través da súa canle en probas,  eventos en UHD de xeito gratuíto, como  o mundial de fútbol de Qatar. Na actualidade está a emitir os partidos, dos que conta con dereitos, do mundial feminino de fútbol de Australia-Nova Zelandia.

Segundo ven de anunciar a corporación, a intención de RTVE é manter a emisión de TVE UHD (en probas) ata o 14 de febreiro de 2024 e, a partires do 15 de febreiro de 2024,  pasar a emitir de xeito regular en UHD no múltiple RGE2 . Este múltiple alcanza, alo menos, o 96% de cobertura do territorio español, o cal supón achegar a calidade UHD a toda a poboación que actualmente recibe a TDT. Ademais, ao reutilizar unha canle que xa está en uso na actualidade, non será preciso realizar ningún cambio na instalación receptora da TDT.

Aínda así, cómpre sinalar que para visualizar as emisións en UHD, é preciso contar cun televisor que cumpra cas especificacións técnicas establecidas no artigo 10 do Real Decreto 391/2019, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT.

O mesmo Real Decreto, tamén establece que os televisores dotados cunha pantalla de 40 polgadas ou superior postos no mercado español a partires de abril do 2020, deben contar cun sintonizador para as emisións en UHD.

 

Fonte: www.rtve.es