“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Novo software que permite a consulta da cobertura de TDT desde dispositivos móbiles segundo a súa posición.

21/12/15 - A Oficina do Dividendo Dixital en Galicia presenta a posta en marcha dun desenvolvemento web que permite a consulta de cobertura do sinal de TDT desde dispositivos móbilies (smartphones).

Para o seu uso é preciso dispor dunha conexión de datos e non precisa instalación. A consulta de cobertura realizase accedendo directamente á seguinte URL:

www.tdtgalicia.es/coberturatdt/

Así, a partir dos datos de ubicación (GPS) do dispositivo, ofrécese información (canles emitidas, acimut, ...) sobre os centros que dan cobertura ao núcleo de poboación máis próximo. Adicionalmente é posible consultar o perfil do terreo entre a posición do móbil e o centro de difusión seleccionad.

O funcionamento da aplicación web de consulta de cobertura está probado nas últimas versións dos sistemas operativos de dispositivos móbiles Android, iOS e Windows Phone e utilizando os navegadores habituais (Google Chrome, Safari, Internet Explorer, Firefox, ...)

Esta nova ferramenta substitúe á aplicación de realidade aumentada iTera desenvolvida pola Oficina da TDT a principios de 2012.

Adjuntos:
Descargar este archivo (Manual uso WebMobilCoberturas v1.pdf)Manual de usuario[ ]1439 kB

O Consello de Ministros aproba a adxudicación de 6 licenzas de televisión en aberto de cobertura estatal

16/10/2015 - O Plan Técnico Nacional da TDT aprobado en setembro de 2014 contempla capacidade dispoñible para novas canles de TDT de cobertura estatal. En consecuencia, de acordo co previsto na Lei 7/2010, de 31 de marzo, Xeneral da Comunicación Audiovisual, o pasado mes de abril o Consello de Ministros aprobou o prego de bases do concurso das novas licenzas e procedeu á súa convocatoria.

Unha vez concluído o traballo de análise e avaliación das ofertas presentadas por parte da Mesa Técnica de Avaliación, o Consello de Ministros acordou a adxudicación de 6 licenzas de televisión, en réxime de emisión en aberto de cobertura estatal, proposta pola Mesa. Cada licenza permitirá explotar unha canle de televisión.

Así, por unha banda, adxudícanse tres licencias para a emisión dunha canle en alta definición a Real Madrid Club de Fútbol, Atresmedia Corporación Medios de Comunicación, S.A. e Mediaset España, S.A., respectivamente.

Doutra banda, adxudícanse tres licencias para a emisión unha canle en calidade estándar a 13 TV, S.A., Radio Blanca, S.A. e Central Broadcaster Media, S.L.U., respectivamente.

Acceder á nota de prensa:
http://www.minetur.gob.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/2013/documents/npadjudicacioncanalestdt161015.pdf

O prazo para adaptar as antenas de TDT amplíase ata o 31 de marzo

27/12/14 - O Consello de Ministros aprobou onte a ampliación ata o 31 de marzo do prazo máximo para a liberación do dividendo dixital. Deste xeito as televisións públicas e privadas poden estender tres meses máis o simulcast ou emisión simultanea de canles da TDT e así facilitar ao cidadán que adapte a súa antena colectiva, sen perder canles de televisión mentres completa este proceso.

Segundo os datos do Ministerio de Industria, a finais de novembro o 42,6 % dos edificios completaran a adaptación dos seus sistemas de recepción de televisión. E estímase que o 55 % dos edificios terá adecuado as súas instalacións cando acabe o ano. A proxección dos datos indica que ao finalizar o mes de marzo do 2015 as adaptacións terán alcanzado o 81 % dos edificios, un 26 % máis que na data inicialmente prevista.

Así mesmo, a partir de abril o 97 % da poboación poderá seguir recibindo a oferta das principais canles de televisión medidos en termos de audiencia, incluso daqueles cidadáns que non tivesen podido completar o proceso de adaptación dos sistemas de recepción dos seus edificios. O proceso de adaptación estará pois practicamente completado.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/12/27/plazo-adaptar-antenas-tdt-amplia-31-marzo/0003_201412G27P56992.htm?idioma=galego

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo amplía ata o 31 de marzo o prazo máximo para a liberación do Dividendo Dixital para facilitar ao cidadán a adaptación das antenas colectivas

26/12/14 – O Goberno aprobou ampliar o prazo máximo de liberación do dividendo dixital máis aló do 31 de decembro de 2014, até o 31 de marzo de 2015, para facilitar que poidan avanzar as adaptacións sen perder ningunha canle de televisión durante o proceso.

Con esta medida aténdese a solicitude do sector da TDT, que considera este prazo como o máis adecuado.

Na nova data estímase que un 97% da poboación poderá seguir recibindo a oferta das principais canles de televisión medidos en termos de audiencia.

Os 280 millóns de euros en axudas aprobadas polo Goberno para subvencionar a adaptación das antenas colectivas pódense solicitar até o 30 de xuño de 2015.

Ampliar información –
http://www.televisiondigital.gob.es/Novedades/Paginas/ampliacion-plazo-liberacion-dividendo.aspx

Fonte –
http://www.televisiondigital.gob.es/

O Goberno retrasa 3 meses a liberación do dividendo dixital

26/12/14 - O Consello de Ministros aprobou hoxe a ampliación do prazo máximo para a liberación do dividendo dixital mediante un Real decreto-lei, de xeito que as canles de Televisión Dixital Terrestre (TDT) poden continuar a súa emisión simultánea en varias frecuencias para que os cidadáns que aínda non adaptasen a súa antena colectiva non perdan canles mentres se completa o proceso de adaptación que segundo os colectivos de antenistas acumula retrasos por distintos motivos.

Deste xeito, as frecuencias que se supoñía que o 1 de xaneiro quedarían libres de sinais televisivos para pasar a empregarse por operadores de telecomunicacións para ofrecer telefonía móbil 4G continuarán ocupadas até, como máximo, marzo de 2015, data que consideran máis que suficiente como prórroga do proceso de reantenización, desmentíndose así as declaracións previas do ministro Soria, que estimaba que o procedemento adiaríase como máximo até o 30 de xaneiro ou o 15 de febreiro.

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo considera que a finais de marzo de 2015 o 81% dos edificios xa estarán adaptados, datos que poderían mellorar, pois é posible que a estimación de edificios que precisasen adaptación podería ser inferior á estimada.

Para compensar aos operadores de telefonía móbil titulares das concesións na banda dos 790 MHz a 862 MHz (o chamado dividendo dixital) recibirán unha compensación polo adiamento da liberación das frecuencias, que en vez de ser económica, será mediante a ampliación da concesión en 1,27 días por cada día de retraso na liberación do dividendo dixital.

Ampliar información –
http://codigocero.com/O-Goberno-retrasa-3-meses-a

Fonte –
http://codigocero.com/