“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 5 ao 11 de febreiro.

5/02/2024: Entre os días 5 e 11 de febreiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Arteixo, Cambre, A Coruña, As Somozas, Vilalba, Os Blancos, A Gudiña, Maceda, Mos e O Porriño.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro.

29/01/2024: Entre os días 29 de xaneiro e 4 de febreiros, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de Trasmiras e Sarreaus.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Cee, Ponteceso, Monfero, Arteixo, Culleredo, Cambre, Becerreá, Coles, Gondomar e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 22 ao 28 de xaneiro.

22/01/2024: Entre os días 22 e 28 de xaneiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concellos no que se producirá un novo acendido é o de As Somozas.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Boiro, Cambre, Culleredo, Ferrol, Oleiros, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Begonte, Baralla, Baiona, Moaña e Mos.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Inicio dos ceses das emisións de Televisión Dixital Terrestre con calidade estandar (SD).

As canles de televisión de ámbito autonómico son as primeiras en cesar as súas emisións en SD.

16/01/2024: Segundo o establecido legalmente, o 14 de febreiro de 2024  remata o prazo para que as canles de televisión evolucionen as súas emisións á alta definición (HD).  Polo tanto, antes desta data todas as canles da TDT deberán cesar as súas emisión en definición estándar.  

Algunhas canles públicas autonómicas xa comezaron a realizar as súas emisións soamente en HD, e está previsto que, de xeito escalonado, outras canles tamén o fagan durante as próximas semanas, ata completar o proceso na data prevista.  

A canle de televisión autonómica de Estremadura, “Canal Extremadura” iniciou na madrugada do 16 de xaneiro as súas emisións en alta definición, e advirte que os televisores que non permitan a recepción do sinal en HD, xa non poderán gozar dos seus contidos.

Hoxe tamén está previsto que a canle publica autonómica canaria deixe de emitir o seu sinal de TDT en SD, e comece a emitir exclusivamente en HD, igual que a canle catalá TV3. As canles catalás 3/24, Esport3 e SX3/33, que non se emitían simultaneamente en SD e HD,  pasarán directamente a emitirse en HD.

O resto de canles autonómicas cesarán as súas emisións SD, para emitir exclusivamente en HD, durante o mes de febreiro. En concreto, está previsto que a CRTVG cese as emisións das súas canles TVG e TVG2 en SD o día 12 de febreiro.  

Respecto ás canles estatais, os ceses darán comezo o 6 de febreiro, co cese das emisións SD das canles públicas nacionais,  e rematarán o 14 de febreiro co cese para o resto de canles.

De cara a informar á cidadanía deste proceso, o Ministerio de Transición Dixital publicou na web www.televisiondigital.es información sobre os aspectos claves do proceso, a resposta ás preguntas frecuentes e un vídeo informativo, que tamén será emitido nas canles de televisión.

Recoméndase comprobar que o seu receptor de televisión está preparado para a recepción da TDT en alta definición do seguinte xeito:

  1. Resintonizar o seu receptor de televisión para que recolla todas as canles que se emiten na súa ubicación.
  2. Comprobar que no televisor aparecen as canles de TDT con calidade de alta definición, por exemplo: TVG HD, La 1 HD, Cuatro HD..., e que as visualiza correctamente.

Se despois de realizar estes pasos non  visualiza ningunha canle en formato HD, o seu receptor de televisión non está preparado para este cambio, polo que, para continuar vendo todas as canles de TDT, deberá cambiar o receptor de televisión ou mercar un dispositivo adaptador para a recepción en alta definición.  

Para mais información,

https://televisiondigital.mineco.gob.es/TelevisionDigital/tecnologias/AD/Paginas/canales_alta_definicion.aspx , ou chamando ao teléfono 910 30 54 21.

Fontes:

https://rtvc.es/desde-este-martes-tvc-comenzara-a-emitir-unicamente-en-hd/

https://www.ccma.cat/premsa/3cat-savanca-a-lapagada-sd/nota-de-premsa/3270488/

https://www.canalextremadura.es/noticias/television/que-tienes-que-hacer-para-ver-canal-extremadura-en-hd-dudas-y-respuestas

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 15 ao 21 de xaneiro.

15/01/2024: Entre os días 15 e 21 de xaneiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concellos no que se producirá un novo acendido é o de Bóveda.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Arteixo, Foz, Lugo, Vilalba, Ourense e Vigo.