“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Suspensión das actuacións de cambios de frecuencias necesarias para a liberación do segundo dividendo, ata a finalización do estado de alarma

18/03/2020 – Trala aprobación do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, que afecta a todo o territorio nacional. o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital informou de que, considerando a importancia de garantir que a recepción dun servizo tan importante como a televisión dixital terrestre non pode verse afectado nestes intres, decidiuse suspender as actuacións de cambios directos de canles radioeléctricos que se veñen realizando desde fai varios meses, ata que se avalíe que se dan as condicións axeitadas para continuar cas mesmas.

Seguindo as indicacións do Ministerio, suspendéronse todas as actuacións necesarias para a liberación do segundo dividendo dixital na comunidade autónoma galega, agás nos centros nos que se realice simulcast, e dicir , nos que se emita simultaneamente na antiga e na nova frecuencia.

Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.

Comeza o cambio de frecuencias para a liberación do segundo Dividendo Dixital na área xeográfica de Ourense

20/02/2020 - O 17 de febreiro comezou a liberación do segundo dividendo dixital nos concellos da área xeográfica de Ourense que comprende os 92 concellos da provincia de Ourense e 7 da provincia de Lugo: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober, ademais do concello de Dozón na provincia de Pontevedra.

Ata que finalice o proceso de liberación a finais de xuño de 2020, momento no que quedará libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G), as cadeas de televisión emitirán simultaneamente (simulcast) a través das novas e das antigas frecuencias na maioría dos centros da rede principal de difusión. Producirase a migración de dúas das frecuencias actuais a outras por debaixo dos 700MHz.

Estes cambios implicarán que sexa necesario facer unha resintonización de canles nos televisores.

Os edificios que conten con instalación de antena colectiva con sistemas monocanle ou centraliñas programables, deberán realizar adaptacións nos seus equipamentos. Para levar a cabo esta adaptación, as comunidades de propietarios deberán poñerse en contacto cun instalador de telecomunicacións rexistrado para efectuala. O custo das devanditas actuacións estará subvencionado: o día 21 de xuño de 2019 aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para das actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT. Soamente poderán solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Por outra banda, as vivendas unifamiliares ou individuais non necesitan realizar está adaptación, sendo suficiente a resintonización das canles.

Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.

Finalizado o proceso de cambio de frecuencias para cumprir co segundo Dividendo Dixital na área xeográfica de Lugo.

11/02/2020 – Na madrugada do martes 11 de febreiro, produciuse o apagamento das frecuencias que é preciso deixar dispoñibles debido ao proceso de liberación do segundo dividendo dixital, nos centros emisores de televisión da área xeográfica de Lugo. Este cesamento implica que, no caso de non telo feito, sexa necesario facer unha resintonización de canles nos televisores.

Este proceso comezou en setembro de 2019 e, durante 5 meses, as cadeas de televisión emitiron simultaneamente (simulcast) a través das novas e das antigas frecuencias na maioría dos centros da rede principal de difusión, para facilitar as adaptacións necesarias nos edificios afectados.

As comunidades de veciños con instalación de antena colectiva afectadas polo segundo Dividendo Dixital que aínda non fixeran os cambios no seu equipamento deberán poñerse en contacto cun instalador de telecomunicacións rexistrado para efectuala. O custo das devanditas actuacións estará subvencionado. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT. Soamente poderán solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.

Comeza o cambio de frecuencias para a liberación do segundo Dividendo Dixital na provincia de Pontevedra

30/01/2020 - O 20 de xaneiro comezou a liberación do segundo dividendo dixital nos concellos da provincia de Pontevedra agás no concello de Dozón, cuxo inicio será o vindeiro 17 de febreiro.

Este proceso durará aproximadamente 6 meses, e consiste na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G).

Durante o cambio de frecuencias, as cadeas de televisión emitirán simultaneamente (simulcast) a través das novas e das antigas frecuencias na maioría dos centros da rede principal de difusión. Producirase a migración de dúas das frecuencias actuais a outras por debaixo dos 700MHz, agás nos concellos de Lalín, Silleda Vila de Cruces e Agolada.  Estes concellos poden recibir o sinal de televisión do centro de difusión de Lalín (Monte Carrio), no cal só se producirá a migración dunha frecuencia, a que afecta ao múltiple autonómico. Estes cambios implicarán que sexa necesario facer unha resintonización de canles nos televisores.

Os edificios que conten con instalación de antena colectiva con sistemas monocanle ou centraliñas programables, deberán realizar adaptacións nos seus equipamentos. Para levar a cabo esta adaptación, as comunidades de propietarios deberán poñerse en contacto cun instalador de telecomunicacións rexistrado para efectuala. O custo das devanditas actuacións estará subvencionado: o día 21 de xuño de 2019 aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para das actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT. Soamente poderán solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Por outra banda, as vivendas unifamiliares ou individuais non necesitan realizar está adaptación, sendo suficiente a resintonización das canles.

Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.

Queda un mes para adaptar as antenas colectivas de TDT en 58 concellos de Lugo

15/01/2020 – O martes 14 de xaneiro celebrouse na cidade de Lugo unha xuntanza entre a Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD) e administracións e axentes implicados no proceso de liberación do segundo dividendo dixital.

Nesta reunión, convocada pola SEAD, avaliouse a marcha do proceso a falta dun mes para o cambio definitivo de varias frecuencias de emisión en 58 concellos da provincia de Lugo.

Segundo os datos da SEAD, so o 15,7% dos aproximadamente 8.300 edificios que precisan adaptar as instalacións de antena colectiva para poder recibir as canles nas novas frecuencias de TDT  realizaron dita actuación.  O próximo 11 de febreiro producirase o cese definitivo da emisión nas frecuencias antigas, polo que se non se realiza a adaptación necesaria antes desta data, os cidadáns poderían deixar de ver algunhas canles. Para realizar os cambios as comunidades de propietarios deberán poñerse en contacto con un instalador de telecomunicacións rexistrado no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da SEAD. Mediante Real Decreto aprobouse a concesión directa de subvencións as comunidades de veciños afectadas. As solicitudes de axudas poderán presentarse online ata o 30 de setembro de 2020.

Independentemente do tipo de vivenda, a partir do 11 de febreiro a poboación dos 58 concellos de Lugo afectados por este proceso que perdan a recepción dalgunha canle deberán resintonizar os seus televisores. A partir do 17 de febreiro comezará o mesmo proceso nos concellos de Lugo que reciben da área xeográfica de Ourense.

Concellos da Area xeográfica de Lugo (finalización do cambio de frecuencias o 11 de febreiro de 2020) 

Abadín.

Guntín.

Portomarín.

Alfoz.

Incio (O).

Quiroga.

Antas de Ulla.

Láncara.

Rábade.

Baleira.

Lourenzá.

Ribadeo.

Baralla.

Lugo.

Ribas de Sil.

Barreiros.

Meira.

Ribeira de Piquín.

Becerreá.

Mondoñedo.

Riotorto.

Begonte.

Monterroso.

Samos.

Burela.

Navia de Suarna.

Sarria.

Castro de Rei.

Negueira de Muñiz.

Taboada.

Castroverde.

Nogais (As).

Trabada.

Cervantes.

Ourol.

Triacastela.

Cervo.

Outeiro de Rei.

Valadouro (O).

Corgo (O).

Palas de Rei.

Vicedo (O).

Cospeito.

Paradela.

Vilalba.

Folgoso do Courel.

Páramo (O).

Viveiro.

Fonsagrada (A).

Pastoriza (A).

Xermade.

Foz.

Pedrafita do Cebreiro.

Xove.

Friol.

Pol.

 

Guitiriz.

Pontenova (A).

 

 

Concellos da Área xeográfica de Ourense (comezo do cambio de frecuencias o 17 de febreiro de 2020)

 Bóveda.

Monforte de Lemos.

Saviñao (O).

Carballedo.

Pantón.

Sober.

Chantada.

Pobra do Brollón (A).

 

 

Os cidadáns e cidadás poderán consultar todas as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879.

Fonte:

Ministerio de Política Territorial y Función Pública.

http://www.seat.mpr.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/actualidad/notas_de_prensa/notas/2020/01/2020_01_14_02.html