“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 28 de novembro - 3 de decembro

28/11/2022: Entre os días 28 de novembro e 3 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de A Capela e Oímbra.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Ferrol, Narón, Neda, Oleiros, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela, Valdoviño, Lugo, Mondoñedo, Sarria, O Barco de Valdeorras, Verín, Moaña, Mos, O Porriño, Sanxenxo e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

O Goberno autorizou as emisións en probas de televisión en Ultra Alta Definición (UHD)

22/11/2022: O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, ven de anunciar,  a través do Subdirector de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico a aprobación das emisións de TDT en 4K en probas en todas as comunidades autónomas de España.

Este anuncio fíxose na última xornada do congreso 4K HDR Summit 2022, un evento mundial celebrado en Málaga, que reúne ás empresas do sector e a profesionais expertos na tecnoloxía UHD.

Segundo o anuncio, o Ministerio autorizou as probas para realizar estas emisións en practicamente todas as capitais de provincia e nalgunhas cidades importantes adicionais, co obxectivo de ir preparando a evolución cara a resolución en UHD e a transmisión da televisión con tecnoloxías mais eficientes, como  DVB-T2.

Compre lembrar que, para poder ver estas emisións experimentais en UHD, é preciso cumprir varias condicións:

  • Estar dentro da zona de cobertura dalgún dos emisores desde os que se realizan as emisións con esta tecnoloxía.
  • Dispoñer na vivenda dun televisor preparado para o DVB-T2, para poder captar este sinal.
  • No caso de comunidades de veciños con instalación de antena colectiva, deberán ter instalado o módulo correspondente á canle na que están a emitir.

No seguinte enlace pódense atopar as canles segundo a comunidade autónoma e a cidade na que se está a emitir. https://www.uhdspain.com/web/wp-content/uploads/2021/06/LISTADO-CANALES-TDT-UHD-SPAIN.pdf, que no caso de Galicia son as seguintes:

CIDADE

CANLE

A Coruña

21

Santiago de Compostela

33

Lugo

37

Ourense

33

Pontevedra

26

Fonte: 4Ksummit.com

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 21 – 27 de novembro

21/11/2022: Entre os días 21 e 27 de novembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de Outeiro de Rei e Neda.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Valdoviño, Vimianzo, Lugo, Vilalba, Allariz, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra, O Porriño e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

RTVE emitirá o mundial de futbol con calidade de Utra Alta Definición (UHD).

17/11/2022: Radiotelevisión Española emitirá o mundial de fútbol de Qatar de xeito gratuíto pola TDT. As emisións realizaranse en UHD-4K con calidade HDR.

Segundo ven de anunciar a corporación, TVE  emitirá preto de 20 partidos, incluídos todos os da selección española coa máxima calidade de imaxe utilizando a retransmisión 4K HDR.

Respecto á emisión da TDT en UHD, esta emisión realizase coa modulación DVB-T2 (TDT de segunda xeración), polo que é preciso dispoñer na vivenda dun televisor preparado para o DVB-T2 para poder captar este sinal. Na actualidade, todos os televisores de última xeración(4k) dispoñibles no mercado incorporan un descodificador DVB-T2.

Ademais é preciso estar dentro da zona de cobertura dalgún dos emisores desde os que TVE realiza emisións con esta tecnoloxía, o que se corresponde con aproximadamente o 60% da poboación española, segundo os datos de RTVE.

Cómpre sinalar que no caso de comunidades de veciños con instalación de antena colectiva tamén deberán ter instalado o módulo correspondente á canle de emisión.

No seguinte enlace pódense atopar as canles segundo a comunidade autónoma e a cidade na que se están a emitir. https://www.uhdspain.com/web/wp-content/uploads/2021/06/LISTADO-CANALES-TDT-UHD-SPAIN.pdf , que no caso de Galicia son as seguintes:

CIDADE

CANLE

A Coruña

21

Santiago de Compostela

33

Lugo

37

Ourense

33

Pontevedra

26

Fonte: www.rtve.es

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 14 – 20 de novembro

14/11/2022: Entre os días 14 e 20 de novembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son Noia e Rodeiro.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Abegondo, Cambre, Culleredo, Ferrol, Malpica de Bergantiños, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rois, San Sadurniño, Val do Dubra, Lugo, A Pobra do Brollón,  Vilalba, Ourense, Quintela de Leirado, Nigrán e Vigo.