A Xunta pon en marcha iTera, unha aplicación para móbiles de nova xeración que ofrece información precisa sobre a cobertura de TDT en toda Galicia
22/02/12 - A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, ven de presentar a posta en marcha de iTera, unha aplicación para teléfonos móbiles de nova xeración, -os chamados smartphones- e para os tablets, dirixida principalmente a técnicos e instaladores de telecomunicación, pero que pode utilizar calquera cidadán de balde e que permite determinar o grado de cobertura de TDT do lugar onde nos atopamos, os canles que se reciben, os centros emisores que nos prestan o servizo e a configuración e orientación da antena de recepción nos nosos fogares.
iTera é una aplicación de realidade aumentada, xa que utilizando a cámara de fotos, o GPS e a conexión do noso smartphone, permite ver na pantalla do teléfono os centros emisores de TDT, con tódolos datos técnicos, e calcula o grado e nivel de sinal de cada un dos múltiplex dixitais, dando unha información moi precisa sobre a TDT para calquera punto de Galicia.
Accede á nota de prensa completa.
Axudas para a compra de receptores TDT para persoas con discapacidade visual grave
http://www.red.es/perfil-del-contratante/procedimiento/id/1024/bases-reguladoras-del-plan-ayudas-compra-receptores-television-digital-para-personas-con-discapacidad-visual-grave-reconocida-.html
O Goberno aproba un novo plan de actuacións para a liberación do dividendo dixital
18/11/11 - O Consello de Ministros aprobou o pasado venres 18 de novembro o Plan Marco polo que se establecen as actuacións necesarias para a liberación das frecuencias radioeléctricas que constitúen o chamado dividendo dixital, para que poidan ser utilizadas polos operadores de telecomunicacións para prestar servizos avanzados de comunicación electrónicas.
O seu obxectivo é que a banda de frecuencias 790-862 MHz, actualmente utilizada pola televisión, quede libre antes de 2015 para servizos de banda larga.
Entre outros eixos, inclúe a planificación das frecuencias radioeléctricas, un plan de despregamento da rede técnica e un plan de compensación para a emisión temporal en simulcast e para a adaptación, nos casos nos que sexa necesario, das instalacións receptoras.
Ademais incorpora unha serie de actuacións de comunicación dirixidas aos cidadáns e administracións.
Accede á nota de prensa completa:
http://www.mityc.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/documents/npplandividentodigital181111.pdf
Apagado da canle 66 (Teledeporte-TDP, Veo e Intereconomía deixaron de emitirse nesta canle)
06/06/11 - Estanse a recibir no teléfono de información da Oficina Técnica da TDT de Galicia consultas e queixas sobre a desaparición dalgunhas canles de TDT, dende o pasado día 2 de xuño, concretamente sobre Teledeporte (TDP) e Intereconomía.
Todo parece que se corresponde co establecido na Orden ITC/99/2011 e no Real Decreto 169/2011, que fixaba o apagado da canle 66.
A maioría dos cidadáns poderán seguir visualizando estes programas noutras frecuencias, para o que simplemente deberán resintonizar e facer unha búsqueda de canles nos seus receptores de TDT.
No caso de que dispoñan do servizo de TDT por satélite, a actualización de frecuencias e canais faráse automáticamente, asignándolle un novo número no seu dial da TDT-Sat.
No caso de que non os reciban pregámoslle que se informen correctamente a través dos teléfonos de información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (901201004), ou tamén na Oficina Técnica da TDT de Galicia (981572154).
Tamén informamos que o proceso de acendido dos novos múltiplex dixitais farase de xeito progresivo en toda a rede de TDT, finalizando no ano 2013.
As televisións deberán informar durante a emisión de que programas están producidos e editados en alta definición
11/02/11 - O Consello de Ministros aprobou hoxe un Real Decreto polo que se modifican o Real Decreto polo que se regula a asignación dos múltiples da Televisión Dixital Terrestre (TDT) tras o cesamento das emisións de televisión analóxica e o Real Decreto polo que se regula a TDT en Alta Definición.
A modificación do Real Decreto polo que se regula a TDT en alta definición ten como obxectivo que, nun momento en que están a se xeneralizar este tipo de emisións, os cidadáns conten cunha maior información e saiban en todo momento cando están a recibir unha emisión de televisión en alta definición.
Con esta finalidade, establécese que os operadores só poderán sinalizar en pantalla que un programa de televisión está a ser emitido en alta definición (con independencia do símbolo ou logotipo utilizado, en especial coas siglas HD) cando devandito programa fose producido e editado en orixe cunha resolución vertical da compoñente de vídeo igual ou superior a 720 liñas activas cunha relación de aspecto de 16:9, sen prexuízo de que o seu contido poida estar conformado parcialmente con fragmentos de contidos ou programas que non fosen producidos con dicha características.
Doutra banda, o Consello de Ministros tamén aprobou unha fórmula máis flexible para que os operadores de televisión compartan os múltiples da TDT.
Acceda á nota de prensa completa .