Finalizado o proceso de cambio de frecuencias para cumprir co segundo Dividendo Dixital na área xeográfica de Lugo.
11/02/2020 – Na madrugada do martes 11 de febreiro, produciuse o apagamento das frecuencias que é preciso deixar dispoñibles debido ao proceso de liberación do segundo dividendo dixital, nos centros emisores de televisión da área xeográfica de Lugo. Este cesamento implica que, no caso de non telo feito, sexa necesario facer unha resintonización de canles nos televisores.
Este proceso comezou en setembro de 2019 e, durante 5 meses, as cadeas de televisión emitiron simultaneamente (simulcast) a través das novas e das antigas frecuencias na maioría dos centros da rede principal de difusión, para facilitar as adaptacións necesarias nos edificios afectados.
As comunidades de veciños con instalación de antena colectiva afectadas polo segundo Dividendo Dixital que aínda non fixeran os cambios no seu equipamento deberán poñerse en contacto cun instalador de telecomunicacións rexistrado para efectuala. O custo das devanditas actuacións estará subvencionado. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT. Soamente poderán solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de asuntos Económicos e Transformación Dixital.
Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.
Comeza o cambio de frecuencias para a liberación do segundo Dividendo Dixital na provincia de Pontevedra
30/01/2020 - O 20 de xaneiro comezou a liberación do segundo dividendo dixital nos concellos da provincia de Pontevedra agás no concello de Dozón, cuxo inicio será o vindeiro 17 de febreiro.
Este proceso durará aproximadamente 6 meses, e consiste na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz (frecuencias entre 694 Mhz e 790 MHz), necesaria para os novos servizos de banda larga (5G).
Durante o cambio de frecuencias, as cadeas de televisión emitirán simultaneamente (simulcast) a través das novas e das antigas frecuencias na maioría dos centros da rede principal de difusión. Producirase a migración de dúas das frecuencias actuais a outras por debaixo dos 700MHz, agás nos concellos de Lalín, Silleda Vila de Cruces e Agolada. Estes concellos poden recibir o sinal de televisión do centro de difusión de Lalín (Monte Carrio), no cal só se producirá a migración dunha frecuencia, a que afecta ao múltiple autonómico. Estes cambios implicarán que sexa necesario facer unha resintonización de canles nos televisores.
Os edificios que conten con instalación de antena colectiva con sistemas monocanle ou centraliñas programables, deberán realizar adaptacións nos seus equipamentos. Para levar a cabo esta adaptación, as comunidades de propietarios deberán poñerse en contacto cun instalador de telecomunicacións rexistrado para efectuala. O custo das devanditas actuacións estará subvencionado: o día 21 de xuño de 2019 aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para das actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT. Soamente poderán solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
Por outra banda, as vivendas unifamiliares ou individuais non necesitan realizar está adaptación, sendo suficiente a resintonización das canles.
Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.
Queda un mes para adaptar as antenas colectivas de TDT en 58 concellos de Lugo
15/01/2020 – O martes 14 de xaneiro celebrouse na cidade de Lugo unha xuntanza entre a Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD) e administracións e axentes implicados no proceso de liberación do segundo dividendo dixital.
Nesta reunión, convocada pola SEAD, avaliouse a marcha do proceso a falta dun mes para o cambio definitivo de varias frecuencias de emisión en 58 concellos da provincia de Lugo.
Segundo os datos da SEAD, so o 15,7% dos aproximadamente 8.300 edificios que precisan adaptar as instalacións de antena colectiva para poder recibir as canles nas novas frecuencias de TDT realizaron dita actuación. O próximo 11 de febreiro producirase o cese definitivo da emisión nas frecuencias antigas, polo que se non se realiza a adaptación necesaria antes desta data, os cidadáns poderían deixar de ver algunhas canles. Para realizar os cambios as comunidades de propietarios deberán poñerse en contacto con un instalador de telecomunicacións rexistrado no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da SEAD. Mediante Real Decreto aprobouse a concesión directa de subvencións as comunidades de veciños afectadas. As solicitudes de axudas poderán presentarse online ata o 30 de setembro de 2020.
Independentemente do tipo de vivenda, a partir do 11 de febreiro a poboación dos 58 concellos de Lugo afectados por este proceso que perdan a recepción dalgunha canle deberán resintonizar os seus televisores. A partir do 17 de febreiro comezará o mesmo proceso nos concellos de Lugo que reciben da área xeográfica de Ourense.
Concellos da Area xeográfica de Lugo (finalización do cambio de frecuencias o 11 de febreiro de 2020)
Abadín. |
Guntín. |
Portomarín. |
Alfoz. |
Incio (O). |
Quiroga. |
Antas de Ulla. |
Láncara. |
Rábade. |
Baleira. |
Lourenzá. |
Ribadeo. |
Baralla. |
Lugo. |
Ribas de Sil. |
Barreiros. |
Meira. |
Ribeira de Piquín. |
Becerreá. |
Mondoñedo. |
Riotorto. |
Begonte. |
Monterroso. |
Samos. |
Burela. |
Navia de Suarna. |
Sarria. |
Castro de Rei. |
Negueira de Muñiz. |
Taboada. |
Castroverde. |
Nogais (As). |
Trabada. |
Cervantes. |
Ourol. |
Triacastela. |
Cervo. |
Outeiro de Rei. |
Valadouro (O). |
Corgo (O). |
Palas de Rei. |
Vicedo (O). |
Cospeito. |
Paradela. |
Vilalba. |
Folgoso do Courel. |
Páramo (O). |
Viveiro. |
Fonsagrada (A). |
Pastoriza (A). |
Xermade. |
Foz. |
Pedrafita do Cebreiro. |
Xove. |
Friol. |
Pol. |
|
Guitiriz. |
Pontenova (A). |
Concellos da Área xeográfica de Ourense (comezo do cambio de frecuencias o 17 de febreiro de 2020)
Bóveda. |
Monforte de Lemos. |
Saviñao (O). |
Carballedo. |
Pantón. |
Sober. |
Chantada. |
Pobra do Brollón (A). |
Os cidadáns e cidadás poderán consultar todas as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879.
Fonte:
Ministerio de Política Territorial y Función Pública.
http://www.seat.mpr.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/actualidad/notas_de_prensa/notas/2020/01/2020_01_14_02.html
Comeza o prazo de solicitude de axudas para a adaptación dos sistemas de recepción da TDT
23/09/2019 – O xoves 26 de setembro comeza o prazo de solicitude de axudas públicas para a adaptación dos sistemas de recepción do sinal de televisión nos edificios afectados pola liberación do segundo Dividendo Dixital.
As comunidades de propietarios que precisen realizar os cambios (edificios con instalación de antena colectiva, con sistemas monocanle ou centraliñas programables), deberán poñerse en contacto con un instalador de telecomunicacións rexistrado para efectualos. A información de contacto pode atopala no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD). Non será preciso realizar esta adaptación nas vivendas unifamiliares e en edificios con instalación de antena comunitaria con amplificadores de banda ancha. Así mesmo, en xeral, non se verán afectados polo cambio de frecuencias as vivendas da provincia de A Coruña, agás as que reciban o sinal de televisión dalgún centro emisor situado nas áreas xeográficas de Lugo ou Pontevedra.
A convocatoria de axudas publicarase o 25 de setembro e o prazo de recepción de solicitudes quedará aberto a partir do día seguinte. As axudas poderán solicitarse, trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT, ata o 30 de setembro de 2020 a través das sedes electrónicas da entidade pública empresarial Red.es ou do Ministerio de Economía e Empresa. As contías da subvención oscilan entre 104,3€ ata 677,95€ por edificación, en función dos cambios precisos para a adaptación.
Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.
Fonte:
Red.es
Comeza o cambio de frecuencias para a liberación do segundo Dividendo Dixital en Lugo
18/09/2019 – O 18 de setembro comeza o cambio de frecuencias de televisión dixital terrestre (TDT) en 58 municipios da provincia de Lugo. Este proceso durará uns 6 meses aproximadamente.
Durante o cambio de frecuencias as cadeas de televisión emitirán simultaneamente a través das novas e das antigas frecuencias na maioría dos centros da rede principal de difusión. Producirase a migración de dúas das frecuencias actuais a outras por debaixo dos 700MHz e a maiores, ao finalizar o proceso, vaise realizar un intercambio de contidos entre dous múltiplex. Estes cambios implicarán que sexa necesario facer unha resintonización de canles nos televisores.
A nova canle de emisión para o múltiple autonómico na área xeográfica de Lugo é a canle 31 de UHF, que xa se está a emitir desde os centros de Páramo, e nos do norte da provincia de Lugo: Mondigo (Ribadeo), Lourenzá, Burela e Viveiro.
Nas próximas semanas acenderanse progresivamente outros centros emisores do múltiple autonómico da provincia de Lugo, na canle 31.
Por outra banda, os cidadáns que vivan en edificios con instalación de antena colectiva, con sistemas monocanle ou centraliñas programables, deberán realizar adaptacións nestes equipamentos. Para levar a cabo esta adaptación, as comunidades de propietarios deberán poñerse en contacto con un instalador de telecomunicacións rexistrado para efectuala.
O custo das actuacións necesarias para a adaptación estará subvencionado. O pasado 21 de xuño aprobouse o Real Decreto polo que se conceden subvencións para das actuacións nos sistemas de recepción do sinal de TDT nas edificacións afectadas polo segundo Dividendo Dixital. A contía da subvención oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. A solicitude de axudas realizarase online ata o 30 de setembro de 2020 trala realización da adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT.
Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.