“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

RTVE adianta a emisión regular con calidade de Utra Alta Definición (UHD).

14/11/2023: Radiotelevisión Española ven de anunciar no congreso 4K HDR Summit 2023, que se celebra en Málaga do 13 ao 16 de novembro, que iniciará as emisións regulares do sinal de TDT con calidade  UHD a partir do próximo 7 de febreiro de 2024, adiantando así a data prevista inicialmente, o 15 de febreiro de 2024, que coincidía coa data de apagamento das emisións con calidade estándar (SD).

Ata o de agora, RTVE realiza emisións da TDT con calidade UHD a través da canle en probas autorizada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais. Segundo datos de RTVE, a zona de cobertura desta canle, alcanza ao 60% da poboación española, aproximadamente. Puntualmente e previa autorización, tamén  emitiu  a través da súa canle en probas,  eventos en UHD de xeito gratuíto, como  o mundial masculino de fútbol de Qatar ou o mundial feminino de fútbol de Australia-Nova Zelandia.

A partir do 7 de febreiro, RTVE  pasará a emitir de xeito regular en UHD no múltiple RGE2, o cal supón achegar a calidade UHD a toda a poboación que actualmente recibe a TDT. Ademais, ao reutilizar unha canle que xa está en uso na actualidade, non será preciso realizar ningún cambio na instalación receptora da TDT.

Cómpre sinalar que para visualizar as emisións en UHD, é preciso contar cun televisor que cumpra cas especificacións técnicas establecidas no artigo 10 do Real Decreto 391/2019, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT.

O mesmo Real Decreto, tamén establece que os televisores dotados cunha pantalla de 40 polgadas ou superior postos no mercado español a partires de abril do 2020, deben contar cun sintonizador para as emisións en UHD.

Fonte: www.rtve.es

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 13 ao 19 de novembro.

13/11/2023: Entre os días 13 e o 19 de novembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Aranga, A Coruña, Padrón, Chantada, Lugo e Riotorto.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 6 ao 12 de novembro.

06/11/2023: Entre os días 6 e o 12 de novembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Aranga, Santiago de Compostela e Abadín.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 30 de outubro ao 5 de novembro.

30/10/2023: Entre os días 30 de outubro e o 5 de novembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, A Coruña, Ferrol, Lugo, O Valadouro, Castrelo do Val, A Cañiza, Sanxenxo e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 23 ao 29 de outubro.

23/10/2023: Entre os días 23 e 29 de outubro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Ourol.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Aranga, A Laracha, Castro de Rei, Cervo, Xove, Lugo, Ribadeo, Lalín, Poio e Vilagarcía de Arousa.