“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Axudas para a compra de receptores TDT para persoas con discapacidade visual grave

A entidade empresarial pública Red.es publica unhas axudas para a compra de receptores de TDT para persoas con discapacidade visual grave. Para máis información, consulte o siguiente enlace:

http://www.red.es/perfil-del-contratante/procedimiento/id/1024/bases-reguladoras-del-plan-ayudas-compra-receptores-television-digital-para-personas-con-discapacidad-visual-grave-reconocida-.html

O Goberno aproba un novo plan de actuacións para a liberación do dividendo dixital

18/11/11 - O Consello de Ministros aprobou o pasado venres 18 de novembro o Plan Marco polo que se establecen as actuacións necesarias para a liberación das frecuencias radioeléctricas que constitúen o chamado dividendo dixital, para que poidan ser utilizadas polos operadores de telecomunicacións para prestar servizos avanzados de comunicación electrónicas.

O seu obxectivo é que a banda de frecuencias 790-862 MHz, actualmente utilizada pola televisión, quede libre antes de 2015 para servizos de banda larga.

Entre outros eixos, inclúe a planificación das frecuencias radioeléctricas, un plan de despregamento da rede técnica e un plan de compensación para a emisión temporal en simulcast e para a adaptación, nos casos nos que sexa necesario, das instalacións receptoras.

Ademais incorpora unha serie de actuacións de comunicación dirixidas aos cidadáns e administracións.

Accede á nota de prensa completa:

http://www.mityc.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/documents/npplandividentodigital181111.pdf

Apagado da canle 66 (Teledeporte-TDP, Veo e Intereconomía deixaron de emitirse nesta canle)

06/06/11 - Estanse a recibir no teléfono de información da Oficina Técnica da TDT de Galicia consultas e queixas sobre a desaparición dalgunhas canles de TDT, dende o pasado día 2 de xuño, concretamente sobre Teledeporte (TDP) e Intereconomía.

Todo parece que se corresponde co establecido na Orden ITC/99/2011 e no Real Decreto 169/2011,  que fixaba o apagado da canle 66.

A maioría dos cidadáns poderán seguir visualizando estes programas noutras frecuencias, para o que simplemente deberán resintonizar e facer unha búsqueda de canles nos seus receptores de TDT.

No caso de que dispoñan do servizo de TDT por satélite, a actualización de frecuencias e canais faráse automáticamente, asignándolle un novo número no seu dial da TDT-Sat.

No caso de que non os reciban pregámoslle que se informen correctamente a través dos teléfonos de información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (901201004), ou tamén na Oficina Técnica da TDT de Galicia (981572154).

Tamén informamos que o proceso de acendido dos novos múltiplex dixitais farase de xeito progresivo en toda a rede de TDT, finalizando no ano 2013.

As televisións deberán informar durante a emisión de que programas están producidos e editados en alta definición

11/02/11 - O Consello de Ministros aprobou hoxe un Real Decreto polo que se modifican o Real Decreto polo que se regula a asignación dos múltiples da Televisión Dixital Terrestre (TDT) tras o cesamento das emisións de televisión analóxica e o Real Decreto polo que se regula a TDT en Alta Definición.

A modificación do Real Decreto polo que se regula a TDT en alta definición ten como obxectivo que, nun momento en que están a se xeneralizar este tipo de emisións, os cidadáns conten cunha maior información e saiban en todo momento cando están a recibir unha emisión de televisión en alta definición.

Con esta finalidade, establécese que os operadores só poderán sinalizar en pantalla que un programa de televisión está a ser emitido en alta definición (con independencia do símbolo ou logotipo utilizado, en especial coas siglas HD) cando devandito programa fose producido e editado en orixe cunha resolución vertical da compoñente de vídeo igual ou superior a 720 liñas activas cunha relación de aspecto de 16:9, sen prexuízo de que o seu contido poida estar conformado parcialmente con fragmentos de contidos ou programas que non fosen producidos con dicha características.

Doutra banda, o Consello de Ministros tamén aprobou unha fórmula máis flexible para que os operadores de televisión compartan os múltiples da TDT.

Acceda á nota de prensa completa .

Orde ITC/99/2011 pola que se determina a data de execución da reordenación de canles de TDT prevista no momento do tránsito entre as etapas 1 e 2 da fase 1 do proceso establecido no RD 365/2010

31/01/11 - O Minisiterio de Industria, Turismo e Comercio publica no BOE do 29 de Xaneiro a Orde ITC/99/2011, pola que se determina a data de execución da reordenación de canles de televisión dixital terrestre prevista no momento do tránsito entre as etapas 1 e 2 da fase 1 do proceso establecido no Real Decreto 365/2010, de 26 de marzo, polo que se regula a asignación dos múltiples da televisión dixital terrestre tralo cesamento das emisións de televisión terrestre con tecnoloxía analóxica.

Nesta orde determínase que a data de execución para realizar a reordenación de canles de TDT prevista  no RD 365/2010 levarase a cabo o 1 de Marzo de 2011; e insta ás Sociedades licenciatarias do servizo de televisión terrestre de ámbito estatal a informar ao cidadás, polo menos a través das súas canles de televisión afectados, do cambio planificado e a ubicación dos mesmos.

Ampliar información:

Orde ITC/99/20011 - BOE