“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A TVG comezará a emitir as súas dúas canles en HD en no mes de marzo de 2019

01/03/2019 – A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) asegura nun comunicado publicado na súa páxina web, que no mes de marzo de 2019 a TVG comezará a emisión en alta definición (HD) das súas dúas canles -G e G2-, non só unha, como anunciara en setembro de 2018, que se simultanearán coas actuais emisións en SD.

Durante as primeiras semanas do mes de marzo, a CRTVG informará á audiencia a través da TVG, a Radio Galega e as redes, sobre os pasos para sintonizar nos televisores estas canles HD.

Acceder á nota de prensa:

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-tvg-emitira-en-alta-definicion-polas-duas-canles-no-mes-de-marzo

Fonte:

Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)

A plataforma de contidos de televisión LOVEStv inicia oficialmente as súas emisións.

03/12/18 – O pasado 28 de novembro a plataforma de contidos con tecnoloxía HbbTV impulsada por RTVE, Atresmedia e Mediaset iniciou de forma oficial as súas emisións.

Esta plataforma, que agrupa os contidos audiovisuais dos tres grupos de comunicación, estará dispoñible nos televisores que conten con tecnoloxía HbbTV 1.5 ou superior, polo que ten prevista unha implantación ao peche do ano de mais de dous millóns de televisores.

LOVEStv poderá utilizarse de xeito gratuíto e sen descargas, facilitando o acceso á plataforma simplemente premendo o botón azul nos televisores que dispoñan da tecnoloxía HbbTV adecuada. Actualmente permite aos usuarios a visualización de contidos da última semana e a posibilidade de visualizar un programa desde o seu inicio aínda que a súa emisión xa comezara, entre outras funcionalidades que se verán incrementadas en desenvolvementos posteriores.

 

Fonte: 

http://www.rtve.es/rtve/20181128/lovestv-inicia-oficialmente-emisiones/1845200.shtml

https://www.mediaset.es/telemania/empresas/empresas-nacionales/LOVEStv-comienza-emision-TDT-mediaset-espana-atresmedia-rtve_0_2666475099.html

https://www.antena3.com/noticias/tecnologia/lovestv-arranca-sus-emisiones-de-forma-oficial_201811285bfec12e0cf2971ee67b8509.html

https://www.elperiodico.com/es/yotele/20181128/atresmedia-rtve-mediaset-unen-presentar-lovestv-plataforma-conjunta-contenidos-7173343

A TVG comezará a emitir a súa primeira canle en HD en decembro de 2018

10/09/2018 – A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) asegura nun comunicado publicado na súa páxina web, que en decembro de 2018 a canle TVG comezará a emisión en alta definición (HD), que simultaneará coa emisión actual en SD. Este será o paso previo para dar o salto ao “Full HD” previsto para 2019, segundo indica a Corporación no seu comunicado.

Por outra banda, a CRTVG tamén ten previsto lanzar a súa propia plataforma dixital OTT no ano 2019, que será o escaparate para todos os contidos habituais e mais virá acompañada de canles temáticas específicas de servizo público, unha educativa e outra de deporte.

Acceder á nota de prensa:

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-tvg-comeza-a-emitir-en-alta-definicion-en-decembro-e-lazanra-a-sua-plataforma-dixital-ott-2-0-en-2019

http://www.europapress.es/galicia/noticia-tvg-empezara-emitir-alta-definicion-diciembre-lanzara-plataforma-digital-libre-transmision-2019-20180908164825.html

Fonte:

Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)

O Goberno publica a folla de ruta para a liberación do segundo dividendo dixital

29/06/2018 - O Ministerio de Economía e Empresa publicou a folla de ruta do proceso de autorización da banda de frecuencias de 700 MHz para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas de banda larga sen fíos.

Este proceso de liberación da banda de 700 MHz, coñecido como Segundo Dividendo Dixital, terá que finalizar o 30 de xuño de 2020 segundo o calendario establecido pola normativa europea, e ten como obxectivo garantir a prestacións de servizos con tecnoloxía 5G e a extensión da súa cobertura, en particular, nas zonas rurais.

Desta forma, aprobaranse diversos instrumentos normativos antes de finalizar 2018, procederase á aprobación dun novo Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre (TDT) co obxectivo de manter o número de múltiples nacionais e autonómico, e consecuentemente, a actual oferta de canles de televisión e capacidades de desconexión territorial.

Ademais, entre os obxectivos tamén está aprobar antes do final de ano un réxime de compensacións para a adaptación das instalacións de recepción dos edificios ás novas frecuencias, e para a actualización do equipamento de transmisión dos radio difusores.

Acceder á nota de prensa:
http://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/ficheros/noticias/2014/180629_np_segundo_dividendo.pdf

Fonte:
Ministerio de Economía y Empresa (http://www.mineco.gob.es)

Informe da CNMC sobre a liberación do segundo Dividendo Dixital

22/06/2018- A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) publicou un informe sobre as actuacións necesarias para a liberación do segundo Dividendo Dixital en condicións óptimas.

Segundo publica no seu blog, a CNMC analiza nun informe o escenario que se presenta para os axentes implicados nesta nova liberación de frecuencias. Neste informe, analizan as actuacións máis idóneas para a liberación da banda de 700MHz que, segundo as directrices europeas, deberá estar disponible como máximo o 30 de xuño de 2020 para que os operadores poñan en marcha a rede con tecnoloxía 5G.

Fonte:

https://blog.cnmc.es/2018/06/21/las-frecuencias-de-la-tdt-se-preparan-para-la-mudanza/

https://www.cnmc.es/expedientes/infdtsa16917