“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 6 - 12 de febreiro.

06/02/2023: Entre os días 6 e 12 de febreiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Guitiriz.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Boiro, A Coruña, Ferrol, Muros, Sada, Santiago de Compostela, Ourense, Baiona, Cangas, Lalín, Mos, Valga, Vigo e Vilagarcía e Arousa.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

 

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)