Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 04 - 10 de xullo

04/07/2022: Entre os días 4 e 10 de xullo, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son  Cambre, A Laracha, O Carballiño, Toén e Mondariz.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto Ames, Bergondo, Carballo, A Coruña, Muros, Lugo, Vilalba, O Barco de Valdeorras, Cangas e O Grove.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

escort bayan ,escort, atasehir escort