“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Comeza a emisión dunha canle de TDT en Ultra Alta Definición en Galicia

04/05/2018 – O 3 de maio presentouse no Centro Tecnolóxico de Televés Corporación, en Santiago de Compostela, a posta en marcha dunha canle de televisión dixital terrestre emitindo en probas en ultra alta definición (UHD) ou 4K.

Televisión Española, en colaboración con Cellnex Telecom, que achega a infraestrutura, e Televés, fabricante do equipamento utilizado, emitirá en 4K durante polo menos seis meses desde o centro emisor no monte Pedroso en Santiago de Compostela. O contido desta emisión, que ocupa a canle 33, é un documental de Radiotelevisión Española (RTVE) sobre Santiago de Compostela, dentro da serie Ciudades Patrimonio de la Humanidad.

O obxectivo principal é realizar probas de carácter técnico coa modulación DVB-T2 (TDT de segunda xeración), entre elas, analizar algunhas funcións avanzadas da TDT como a recepción en mobilidade. Non obstante, esta emisión pode ser captada en calquera vivenda na área de Santiago de Compostela con posibilidade de recibir esta canle e cun televisor preparado para o DVB-T2.

Compostela é a cuarta cidade española en recibir emisións de televisión en 4K a través da TDT, despois de Madrid, Barcelona e Sevilla, onde xa se realizaron experiencias similares.

Acceder á nota de prensa:

https://www.televes.com/es/prensa/televes-pone-en-marcha-un-canal-de-ultra-alta-definicion-en-la-tdt-para-el-area-de-santiago