Artículos
Novo software que permite a consulta da cobertura de TDT desde dispositivos móbiles segundo a súa posición.
21/12/15 - A Oficina do Dividendo Dixital en Galicia presenta a posta en marcha dun desenvolvemento web que permite a consulta de cobertura do sinal de TDT desde dispositivos móbilies (smartphones).
Para o seu uso é preciso dispor dunha conexión de datos e non precisa instalación. A consulta de cobertura realizase accedendo directamente á seguinte URL:
http://www.tdtgalicia.es/coberturatdt/
Así, a partir dos datos de ubicación (GPS) do dispositivo, ofrécese información (canles emitidas, acimut, ...) sobre os centros que dan cobertura ao núcleo de poboación máis próximo. Adicionalmente é posible consultar o perfil do terreo entre a posición do móbil e o centro de difusión seleccionad.
O funcionamento da aplicación web de consulta de cobertura está probado nas últimas versións dos sistemas operativos de dispositivos móbiles Android, iOS e Windows Phone e utilizando os navegadores habituais (Google Chrome, Safari, Internet Explorer, Firefox, ...)
Esta nova ferramenta substitúe á aplicación de realidade aumentada iTera desenvolvida pola Oficina da TDT a principios de 2012.