O consumo medio de televisión sitúase xa en 4 horas e 12 minutos ao día

26/05/14 – A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) publicou por primeira vez os datos específicos do sector audiovisual (xa que até agora facía públicos a extinta Comisión do Mercado das Telecomunicacións) que recolle tanto parámetros económicos como cifras de audiencias do sector audiovisual en España.

Segundo a CNMC, o consumo medio de televisión no cuarto trimestre de 2013 foi de 4 horas e 12 minutos por persoa e día. A penetración dos servizos de televisión de pago situouse en 8,1 abonados por cada 100 habitantes (-0,7% interanual).

Máis da metade dos abonados a televisión de pago, un 52%, subscribiron o servizo cun operador de telecomunicacións, que lle ofreceu tamén banda ancha e servizos de voz.
En canto a plataformas, o consumo de televisión repartiuse nun 82,8% para a TDT, o 4,3% para a televisión por satélite e o 12,9% para as plataformas de cable e TV-IP.

Ampliar información –
http://www.panoramaaudiovisual.com/2014/05/26/el-consumo-medio-de-television-se-situa-ya-en-4-horas-y-12-minutos-al-dia/

Fonte –
http://www.panoramaaudiovisual.com/

escort bayan ,escort, atasehir escort