“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A canle AXN abandonará a TDT de pago o próximo 30 de abril

27/03/14 - AXN deixará de estar dispoñible na TDT de pago a partir do próximo 30 de abril. A canle de Sony Pictures Television Networks ocupaba unha frecuencia pertencente a Veo TV.

A partir de agora, segundo informa nunha nota, a canle só verase nos principais operadores de cable, satélite e IPTV (a través de Internet).

"Unha ampla oferta onde AXN seguirá presente para ofrecer aos espectadores unha aposta de calidade e entretemento de primeiro nivel", explica a canle nun comunicado.
AXN comezou a súa andaina en España en 1998. Coa chegada da TDT de pago en 2009 comezou a operar a través deste sistema, substituíndo á canle Sony TV.

AXN deixará a TDT, no seu caso o sistema de pago, case tres meses despois que MTV, que abandonou este sistema o pasado 7 de febreiro e pasou a emitirse en plataformas de cable.

Ampliar información –
http://ecoteuve.eleconomista.es/ecoteuve/empresas/noticias/5657121/03/14/El-canal-AXN-abandonara-la-TDT-de-pago-el-proximo-30-de-abril.html#.Kku8Yi71dUA9eE4

Fonte –
http://ecoteuve.eleconomista.es/