Dimite a xunta directiva de UTECA pola polémica de peche de canles da TDT

06/03/14 – A xunta directiva da Unión de Televisións Comerciais en Aberto (UTECA) presentou hoxe a súa dimisión en bloque tras o fallo do Tribunal Supremo que rexeita a súa petición para frear o peche de nove canles da TDT por ser adxudicados sen concurso polo Goberno de Zapatero. Mediante un comunicado de prensa, UTECA manifestou o seu descontento coa actuación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo por non chegar un acordo "a pesar das propostas de solución" que aseguran ofreceron para solucionar a disputa.

A dimisión da xunta directiva formalizouse durante unha reunión extraordinaria para analizar a "delicada" situación na que queda o sector tras a decisión de ordenar o cesamento de emisións de nove canles de TDT: tres de Atresmedia, dous de Mediaset, dous de Veo TV e dúas de Net TV. UTECA, que agrupa ao catro operadores de TDT en aberto de cobertura nacional, sinala na nota de prensa que a decisión do TS "pon en grave risco a continuidade da emisión de varias canles, coa consecuente perda de opcións para os espectadores e danos irreparables para a industria audiovisual".

Ampliar información –
http://www.lavanguardia.com/television/20140306/54402119447/dimite-junta-directiva-de-uteca-por-polemica-de-cierre-de-canales-de-la-tdt.html

Fonte –
http://www.lavanguardia.com/

 

escort bayan ,escort, atasehir escort