A Xunta amplía las canles de TDT a tres parroquias do Concello de Verín

28/11/13 - A Xunta de Galicia pon hoxe en servizo o segundo múltiplex dixital de TDT nos centros instalados nas parroquias de Feces e de Mandín, no Concello de Verín, o que permitirá unha ampliación das canles que reciben preto de 650 veciños destas localidades.

Neste múltiplex de TDT da Corporación de Radio e Televisión Española é onde se emiten as canles de Teledeporte e TVE en HD aos que, a partir hoxe, poderán acceder os veciños destas parroquias de Verín nas que, até agora, non se recibía este sinal.

Para poder seguir esta canle, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, para o que poden confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web www.tdtgalicia.es-. A continuación, bastará con realizar unha procura da canle 47 no receptor de TDT. Nas comunidades de veciños pode ser necesario axustar a antena colectiva.

Ampliar información –
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/11/28/xunta-amplia-canales-tdt-tres/922635.html

Fonte –
http://www.farodevigo.es/

escort bayan ,escort, atasehir escort