“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Soria levará a Lei Xeral de Telecomunicacións ao Consello de ministros do 13 de setembro

02/09/13 - O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria anunciou esta mañá a inminencia da aprobación da nova Lei Xeral de Telecomunicacións, que facilitará o despregamento de novas infraestruturas de telecomunicacións grazas á supresión de multitude de licenzas locais.

O titular de Industria indicou que previsiblemente a lei irá ao Consello de Ministros do próximo venres 13 de setembro, e que non o fará esta semana porque se atopará en Buenos Aires coa delegación española que representará a candidatura olímpica de Madrid 2020.

A lei, que superou xa a lectura no Consello de Estado, buscará a consecución eficaz dun mercado único, para o que se simplificará desde a fiscalidade até as obrigacións urbanísticas para despregar unha infraestrutura.

Respecto da aprobación do novo dividendo dixital, Soría reiterou en que está a ser confeccionado pola secretaria de Estado de Telecomunicacións e Ciencias da Información. "Cambiaron moito as circunstancias despois das dúas sentenzas do Tribunal Supremo que ditaminan que aquelas canles de TDT que foron adxudicados sen concurso no ano 2010 fórono ilegalmente e corresponden ao espectro. O obxectivo é aprobalo cando antes e liberar a banda dos 800Mhzpara que as operadoras poidan utilizalas nos seus servizos de 4G. Haberá tempo para facelo antes do 1 de xaneiro. No entanto, desde maio xa hai compañías que ofrecen servizos de 4G, iso si na banda 1.800, pero aínda así supón un adianto moi importante para o despregamento desta tecnoloxía en España", apuntou o ministro.

Ampliar información –
http://www.abc.es/economia/20130902/abci-soria-leygeneral-telecomunicaciones-201309021043.html

Fonte –
http://www.abc.es/