“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A AUC alerta sobre fallos no sistema de cualificación por idades na TDT

08/08/13 - A Asociación de Usuarios da Comunicación (AUC) alertou da falta de información, fallos nos subtítulos ou "incongruencias" no sistema de cualificación por idades nos programas que se ofrecen nas canles de televisión dixital terrestre (TDT).

AUC realizou un seguimento á información que mostran estas canles e, á súa entender, prodúcense unha serie de "irregularidades que dificultan aínda máis" a protección dos menores e o exercicio do control parental.

Segundo esta asociación, hai unha "falta de información xeneralizada" en canto á sinopse dos programas que debería incluírse nas guías electrónicas de programación (EPGs). Así, afirma que en moitos casos non hai descrición do programa ou, no caso das series, esta é xenérica e non se refire ao episodio concreto que se visiona. Ademais, nalgúns casos falta o nome dos programas, ou non se corresponde co que realmente se está emitindo.

Respecto das películas, sinala que a falta de información adecuada é "especialmente rechamante", xa que en moitos casos poden faltar ademais o ano de realización, ou o director, ou os actores, ou o título orixinal.

Nesta mesma liña, apunta a unha "desincronización" referente a subtítulos que se adiantan ou se atrasan con respecto á locución. Tamén destaca a presenza de símbolos ininteligibles, utilización de sistemas diferentes (DVB, TXT 1.5), e mesmo ausencia do subtitulado, incluíndo que nalgúns casos non pode accederse á versión orixinal ou en inglés.

Así mesmo, sinalou que a cualificación por idades en ocasións non coincide coa cualificación dixital que permite a utilización dos sistemas de control parental dos televisores.

Ampliar información –
http://cultura.elpais.com/cultura/2013/08/08/television/1375970662_198680.html

Fonte –
http://www.elpais.com