“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

O verán reduce o consumo televisivo en 28 minutos durante o mes de xullo

01/08/13 - A chegada do verán supuxo a redución de 28 minutos do consumo televisivo en xullo, até os 210 minutos por persoa e día (tres horas e 30 minutos), en comparación co mes anterior, segundo datos de Barlovento Comunicación.

Ademais, os 210 minutos diarios supoñen tres minutos menos que a cifra de xullo de 2012. Andalucía e Cataluña encabezan o ranking por comunidades, mentres que Madrid e Castela e León son as de menor consumo. Pola súa banda, o consumo de TDT --82,8 por cento-- rexistrou un aumento de tres décimas respecto ao mes de xuño, do mesmo xeito que o satélite, que sobe unha décima --3,8 por cento--. Pola contra, o consumo a través do cable diminúe catro décimas --13,4 por cento--.

Ampliar información –
http://www.europapress.es/tv/noticia-verano-reduce-consumo-televisivo-28-minutos-mes-julio-20130801155000.html

Fonte –
http://www.europapress.es/