“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A Secretaría Xeral de Medios destinará en 2013 preto de 300.000 euros á adquisición de equipamentos de recepción da TDT por satélite, o que beneficiará a máis de 1.000 familias

26/01/13 - A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Administración Xeral do Estado, van destinar case 300.000 euros no exercicio 2013 para subvencionar a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, pertencentes, fundamentalmente, aos concellos do interior de Lugo e de Ourense. Prevese que esta subvención, que será de ata 300 euros por fogar, beneficie, no presente exercicio, máis de 1.000 familias. A axuda será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboren coa Xunta de Galicia.

O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) é un servizo que permite disfrutar de xeito gratuíto das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Serán subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar un máximo dun equipamento por usuario e vivenda. Ademais, co fin de non discriminar as familias que xa teñan instalado este servizo, estas poderán solicitar un segundo receptor na súa vivenda.

Accede á nota de prensa completa

MapaPDRS

pdrs