“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Tipos de receptores

 

mando3

Tipos de Receptores

Unha vez solucionado o problema da instalación é necesario dispor dun sintonizador de TelevisiónDixital Terrestre para poder ver os contidos de televisión dixital terrestre e acceder aos servizos adicionais.

Actualmente preséntanse fundamentalmente dúas modalidades de sintonizar a TDT: 

  • Equipos externos, que se conectan a TV mediante euroconector, HDMI, RCA ou incluso coaxial de antena, permitindo sintonizar as canles de TDT nun televisor convencional.
  • Televisión con receptor integrado

Se desexamos disfrutar ademais das emisións de TDT en alta definición (HD) debemos dispor de:

  • Unha televisión que visualice imaxes en alta definición (equipos identificados coma HDready ou FullHD)
  • Un receptor de TDT de alta definición, que ben pode estar integrado na TV ou ser un equipo externo

A principal característica que deben considerar na valoración dos sintonizadores TDT deriva da súa capacidade para acceder ou non ás aplicacións interactivas que están ofrecendo algunhas cadeas. Neste sentido diferéncianse dous tipos:

  • Sintonizadores interactivos:

Son sintonizadores que permiten o acceso a servizos e contidos dixitais adicionais que algunhas cadeas de televisión están emitindo (guías electrónicas de programación, teletextos dixitais, tickers de noticias, información meteorolóxica, tráfico, Bolsa, son dual ou en varios idiomas, subtitulado dixital, etc.). Esta capacidade será especificada entre as súas características técnicas.

  • Sintonizadores básicos:

Trátase de simples sintonizadores que tan só se limitan a descodificar o sinal dixital e transformala en analóxica para que poida ser vista nun televisor convencional. Estes equipos non permiten acceder aos contidos e servizos adicionais interactivos que están ofrecendo as cadeas. Só nalgúns casos permiten acceder ademais ás guías electrónicas de programación.

En caso de non ter cobertura de televisión dixital terrestre (atoparse nunha zona en sombra), pódese acceder á solución SAT-TDT, que garante a cobertura da totalidade da poboación. Neste caso, ademais de requirir a instalación dunha antena parabólica, o receptor necesario é un específico para a recepción de TDT por satélite que non se pode adquirir libremente en comercios, só a través de distribuidores autorizados. Aquí pode atopar máis información acerca desta solución.

Outras características dos sintonizadores

Outras características técnicas e funcionalidades que son interesantes á hora de decidir que sintonizador de Televisión Dixital Terrestre comprar son as seguintes:

  • Sintonizadores interactivos con canle de retorno:

Sintonizadores interactivos que dispón dun medio para enviar información do usuario cara á cadea de televisión, as formas máis habituais son a conexión a través da liña telefónica convencional (RTB), ADSL ou tarxeta SIM de telefonía móbil. Desta forma o usuario poderá interactuar cos servizos dixitais interactivos.

  • Sintonizadores interactivos con tarxeta intelixente:

Trátase de sintonizadores TDT interactivos que dispón dunha ranura na que se pode inserir unha tarxeta intelixente (Smart Card) que permita identificar ao usuario e acceder a contidos que poidan transmitirse a través de acceso condicional.

  • Sintonizadores con disco duro:

Trátase dun sintonizador que dispón dun disco duro, similar ao dun computador, e é capaz de gravar os programas que se estean emitindo para posibilitar a reprodución posterior dos mesmos a petición do telespectador.

  • Dobre sintonizador TDT:

Trátase dun equipo que dispón de dous sintonizadores de forma que o usuario pode gravar os contidos dunha canle TDT nun vídeo tradicional mentres reproduce no televisor unha canle TDT diferente.