“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Solución SAT-TDT

A poboación de Galicia caracterizase por unha alta dispersión xeográfica. Isto unido a orografía accidentada e a gran vexetación fai que sexa necesaria a extensión de cobertura de TDT mediante o satélite.

Segundo os últimos cálculos de cobertura teórica que dispoñemos estiman que máis do 98,96% da poboación galega ten cobertura de TDT polo que pódese considerar que aproximadamente unhas 28.200 persoas (o que equivale a unhas 10-20 mil vivendas) poderán acceder ao servizo de TDT por vía satélite.

Co obxectivo de  garantir a cobertura do sinal de televisión a todos os cidadáns con independencia do seu lugar de residencia, máis alá dos compromisos de cobertura dos radiodifusores (96% da poboación para as cadeas privadas e o 98% para as públicas) determinouse a plataforma satélite como a forma máis axeitada para realizar esta extensión complementaria de cobertura.

A instalación de SAT-TDT é similar a unha instalación de TDT habitual (terrestre) coas seguintes diferenzas:

  • A antena é de tipo parabólica.
  • decodificador é específico para recepción de TDT por satélite (non se pode adquirir libremente en comercios, só a través de distribuidores autorizados).

img_sat

Proceso de solicitude e instalación

O cidadán realiza a solicitude a un instalador de telecomunicación, que se encarga de realizar todas as xestións:

  • Comprobación de falta de cobertura de TDT terrestre (medidas)
  • Tramitación da activación do receptor
  • Instalación (se é preciso) dun sistema de recepción satélite (antena parabólica)

sat-tdt_proceso

Proceso de instalación de TDT-SAT

 

distribuidores autorizados poden solicitar a Abertis Telecom a activación dun receptor de SAT-TDT. Para ser distribuidor autorizado é preciso cumprir unha serie de requisitos:

  • Figurar no rexistro de instaladores de telecomunicacións do Ministerio de Economía e Empresa como instalador de tipo A.
  • Recibir a formación específica de SAT-TDT.
  • Firmar o código de boas prácticas e contrato con algún fabricante de receptores de TDT-SAT.

No tocante a nosa Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia é a encargada de realizar as validacións das instalacións de SAT-TDT en Galicia, comprobando que se corresponde cunha zona non cuberta pola rede terrestre de TDT e de coordinar a formación específica aos distribuidores.

Nos casos nos que a resolución sexa positiva, Abertis Telecom realiza a activación do receptor, de xeito que se habilite a recepción dos múltiples estatais e dos autonómicos que lle correspondan segundo a comunidade da instalación.