“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Oficina Técnica da TDT de Galicia

A Xunta de Galicia ten habilitada desde 2008 unha Oficina Técnica da TDT, que se constitúe como unha entidade- dinámica e flexible- que exerce de elemento tractor e coordinador das iniciativas impulsadas e lideradas pola Xunta de Galicia, ou polos distintos axentes implicados no proceso, necesarias para garantir o éxito da implantación e desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre en Galicia.

Esta actuación foi cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

 

 

Obxectivos

Os obxectivos da Oficina Técnica da TDT de Galicia son:

Idear en conxunto co resto de axentes e ser o elemento impulsor das iniciativas necesarias para vencer as barreiras que impiden o axeitado avance no proceso de cambio tecnolóxico.

  • Centralizar e canalizar toda a información no proceso, mantendo un fluxo fluído da mesma entre os distintos axentes, e asesorando e informando aos mesmos en todo aquilo que este relacionado coa televisión dixital terrestre
  • Actuar como observatorio da implantación da televisión dixital terrestre, dispoñendo sempre dunha visión global e panorámica do proceso que permita unha análise prospectiva.
  • Desde a Oficina Técnica da TDT de Galicia aténdese de xeito personalizado as consultas recibidas a través do número de teléfono 881 866 388, e o correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

 

Na páxina www.tdtgalicia.gal, a través dunha ferramenta SIX accesible por internet, están dispoñibles os datos de cobertura máis actualizados do servizo de TDT e información de cara onde orientar as antenas para cada unhas das entidades de poboación de Galicia.

img_webgis

Ferramenta SIX de información de coberturas TDT.

 

Principais actividades

 

Comunicación e atención aos usuarios

A través do teléfono 881 866 388 e do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. aténdense as dúbidas sobre a TDT e as incidencias na recepción do sinal.

Medidas de comprobación técnica

A Oficina Técnica da TDT realiza o control das emisións de TDT en lugares específicos para analizar o funcionamento de centros microreemisores, estudar incidencias ou comprobar as coberturas reais acadadas. Fai uso dunha unidade móbil de medidas.

img-um

Apoio técnico á SXM

O persoal da Oficina presta o seu apoio técnico á Secretaría Xeral de Medios, e realiza labores de coordinación e atención aos diferentes axentes implicados (concesionarios, concellos, outras administracións, televisións, …)

Validación de solicitudes de SAT-TDT

A Xunta de Galicia asumiu a validación das solicitudes de instalación de SAT-TDT, a través do portal habilitado ao efecto por Abertis Telecom (empresa encargada de prestar o servizo de difusión da televisión por satélite mediante acceso condicional). A Oficina Técnica realiza as aceptacións ou denegacións de solicitudes realizadas polos distribuidores autorizados da solución SAT-TDT, comprobando se as instalacións se ubican en zonas sen cobertura terrestre de TDT.

Contacto

  • Oficina Técnica da TDT de Galicia
    • Novo Teléfono: 881 866 388
    • Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.