Emisións en Alta Definición
High Definition Television (Televisión de alta definición), ou HDTV é un formato de televisión dixital que emite os sinais de televisión cunha calidade superior aos sistemas existentes (PAL, NTSC e SECAM).
As emisións de televisión digital terrestre en alta definición deben cumprir que a súa resolución vertical sexa igual ou superior a 720 liñas activas cunha relación de aspecto d 16:9 e o sistema de codificación de video H.264/MPEG-4 AVC (segundo Real Decreto 691/2010).
A considerable mellora da resolución e o formato panorámico consigue unha visualización de programas máis realista e impactante.
Para recibir estas emisións, necesitase un receptor TDT que sexa compatible coa TDT de Alta Definición.
Logos:
Existen no mercado diferentes logos para as televisións que definen a súas características en relación á recepción do sinal de televisión de Alta Definición:
HD Ready. Aparece nos dispositivos (TV integradas, monitores e proxectores) que poden aceptar, procesar e visualizar sinais en alta definición de 720p e 1080i. Para desfrutar de emisións de TV en Alta Definición, estes dispositivos precisan doutro, marcado con “HD TV”, que reciba e decodifique o sinal.
HD TV. Aparece nos receptores de televisión (incluindo Set-top boxes e televisión dixitais integradas) que poden recibir e decodificar as transmisións de alta definición (720p, 1080i).
HD ready 1080p. Marcan aqueles dispositivos (televisións dixitais integradas, monitores e proxectores) que poden aceptar, procesar e visualizar sinais 1080p (ademais de sinais 720p e 1080i). Para desfrutar de emisións de TV en Alta Definición, estes dispositivos precisan doutro, marcado con “HD TV”, que reciba e decodifique o sinal.
HD TV 1080p. Aparece nos dispositivos “HD ready 1080p” que poden recibir e decodificar as transmisións de alta definición (720p, 1080i).
Adicionalmente, é habitual atopar outro logotipo de carácter propietario, Full HD, que, en principio, identifica aqueles dispositivos que poden visualizar imaxes de alta definición 1080p (equiparable neste sentido ao HD ready 1080p).