“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Os anuncios non poderán interromper retransmisións deportivas

27/11/10 - Os anuncios publicitarios non poderán interromper a retransmisión dun acontecemento deportivo mentres este non se atope detido, aínda que se poderán inserir mensaxes comerciais se estes non impiden ao telespectador seguir o desenvolvemento do programa.

Para garantir esa premisa, xa prevista na Lei Xeral Audiovisual, o Goberno ten previsto establecer os criterios que determinarán cando se considera que un acontecemento deportivo está detido ou non, e cando se considera que esa inserción publicitaria permite seguir o normal desenvolvemento da programación.

O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Bernardo Lorenzo, presidiu onte a reunión da comisión permanente do Consello Asesor das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (Catsi), onde avanzou varias iniciativas en materia de telecomunicacións, audiovisual e Sociedade da Información. Entre esas iniciativas, o Goberno anunciou ademais medidas para garantir o dereito dos usuarios da TDT a coñecer cando un contido está a ser emitido en alta definición.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2010/11/27/0003_8874505.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/