“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 30 de xaneiro – 5 de febreiro.

30/01/2023: Entre os días 30 de xaneiro e 5 de febreiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Fisterra.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Abegondo, A Baña, Bergondo, A Coruña, Ferrol, Mazaricos, Ribeira, Teo, Lugo,  A Estrada, As Neves,  Pontevedra, Tui, Valga, Vigo e Vila de Cruces.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

 

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

 

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 23 - 29 de xaneiro

23/01/2023: Entre os días 23 e 29 de xaneiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Oia.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Arteixo, Cerceda, A Coruña, Ferrol, Ordes,  Santiago de Compostela, Val do Dubra, Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba, Allariz, Beariz, Ourense, Meis, Nigrán,  Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Tomiño, Tui , Vigo e Vilaboa.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

 

Publicase a normativa que modifica a data de cese das emisións de TDT en definición estandar.

18/01/2023: O Ministerio de Asuntos económicos e Transformación Dixital publica hoxe no BOE o Real Decreto 16/2023, polo que se modifica o Real Decreto 391/2019, polo que se aproba o Plan técnico nacional da Televisión Dixital Terrestre e se regulan determinados aspectos para a liberación do segundo dividendo dixital.

A publicación do Real Decreto 16/2023 fai oficial a modificación da data límite para a emisión da TDT en definición estandar (SD),  fixada inicialmente para o 1 de xaneiro de 2023. Deste xeito,  prorroga a limitación temporal da emisión das canles de televisión en SD ata o próximo 14 de febreiro de 2024.  A partir desa data, a emisión do sinal da TDT deberá ser en alta definición (HD).

Para seguir vendo todas as canles,  deberá comprobar que o seu receptor de televisión está preparado para a recepción da TDT en alta definición, en concreto deberá contar coa cualificación HD. Se o seu televisor ten menos de dez anos, xa debería contar con ditas especificacións e poderá seguir vendo a TDT en HD. Se o seu televisor é mais antigo, deberá verificar se nas especificacións conta cun codificador de vídeo H.264/MPEG-4 AVC, especificacións establecidas segundo o Real Decreto 691/2010, do 20 de maio, polo que se regulamenta a Televisión Dixital Terrestre de Alta Definición.

No caso de non dispor dun televisor HD, non sempre será preciso cambiar de televisión, xa que existen dispositivos no mercado para facer compatibles os televisores mais antigos coas emisións da TDT en formato HD, aínda que perdendo as vantaxes da resolución de  alta definición.

Fonte:

BOE

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 16 - 22 de xaneiro

16/01/2023: Entre os días 16 e 22 de xaneiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto  o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Carral.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, A Coruña, Pontedeume, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

 

O servizo do Teletexto a través da Televisión Dixital Terrestre na era da internet.

10/01/2023: O Teletexto é un servizo de información en forma de texto emitido xunto co sinal de televisión. Este servizo foi desenvolvido no Reino Unido no século pasado, no ano 1972, para o seu uso pola televisión pública británica, onde permaneceu activo ata o 2012. Despois, moitos países europeos foron adoptándoo, incluído España, a finais da década dos 80. Cando a internet apenas comezaba a funcionar, o Teletexto convertía ao televisor nunha especie de ordenador para consulta dalgo similar a un periódico electrónico primitivo, dun xeito áxil e de fácil acceso, a través dos botóns do mando a distancia do televisor, e cunha ampla variedade temática de contidos: noticias de actualidade, deportes, información de servizo, e tamén publicidade.

Na actualidade, este servizo gratuíto a través do sinal de TDT, segue en uso en Alemaña e España. Aínda que coa chegada das tarifas planas de internet e das televisións e dispositivos móbiles “intelixentes”, os seu uso foi diminuíndo, en España, segundo datos do ano 2021, aínda o usan diariamente 2 millóns de persoas. Estas cifras poden ser o motivo polo que as televisións non teñan intención de cancelar este servizo a curto prazo, ademais de que o seu mantemento  non lles supón un custe elevado.  Pero, con cada vez mais xente con acceso a internet e coa aparición de aplicacións móbiles e páxinas web que permiten consultar o teletexto de calquera canal do mundo que o emita, este servizo parece abocado a desaparecer.  

Fonte:

www.elmundo.es