“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Axudas SAT-TDT

15/02/2024: Publicadas no Diario Oficial de Galicia, as bases reguladoras para a convocatoria de axudas económicas destinadas a cubrir investimentos para o receptor de TDT a través de satélite (Sat-TDT) que se realicen en fogares situados en zonas en risco de exclusión dixital, co obxecto de asegurar a correcta recepción e decodificación dos sinais de Televisión dixital en alta definición HD.

Poden solicitar ditas axudas todas as persoas físicas que residan nunha vivenda unifamiliar establecida nunha zona que non dispoña de cobertura dalgunha canle do servizo de televisión dixital terrestre. Unicamente se poderá solicitar unha subvención por cada vivenda.

As axudas están destinadas a adquisición dun receptor de TDT por satélite en alta definición, para o acceso ao servizo de Sat-TDT.  Poderase solicitar axuda para a primeira vivenda, onde se ten censada a residencia habitual, cunha contía máxima de 400€ IVE incluído, ou para as segundas vivendas, sendo neste caso a contía máxima da axuda de 200€, IVE incluído.

Estas axudas teñen carácter retroactivo. Admitiranse as solicitudes daquelas adquisicións realizadas dende o 1 de xaneiro de 2024 e serán atendidas por orde de entrada.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, seleccionando o procedemento PR853B. Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros  establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para solicitar a axuda remata o 31 de maio de 2024.

 

 

Máis información

Pode consultar mais información en:

Páxina web da Secretaría Xeral de Medios

Sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento PR853B

Publicación no DOG do 15 de febreiro

Teléfono de información ao cidadán 012

Mais información:

  • Teléfonos:
    • 981 54 58 74 (Cuestións administrativas)
    • 981 54 45 23 (Cuestións técnicas)
  • Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Respostas as preguntas mais frecuentes

 

Onde atopar un T-instalador: (Listado de instaladores autorizados)

 

 

Novas

Aquí pode consultar as últimas novas publicadas sobre as axudas SAT-TDT:

Publícanse as axudas para comprar receptores HD para o servizo SAT TDT.

A Xunta de Galicia lanzará unha liña de axudas para a compra de receptores SAT TDT

 

 

Anexos

A continuación achéganse varios documentos modelo de axuda para a tramitación desta subvención: