“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

RTVE adianta a emisión regular con calidade de Utra Alta Definición (UHD).

14/11/2023: Radiotelevisión Española ven de anunciar no congreso 4K HDR Summit 2023, que se celebra en Málaga do 13 ao 16 de novembro, que iniciará as emisións regulares do sinal de TDT con calidade  UHD a partir do próximo 7 de febreiro de 2024, adiantando así a data prevista inicialmente, o 15 de febreiro de 2024, que coincidía coa data de apagamento das emisións con calidade estándar (SD).

Ata o de agora, RTVE realiza emisións da TDT con calidade UHD a través da canle en probas autorizada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais. Segundo datos de RTVE, a zona de cobertura desta canle, alcanza ao 60% da poboación española, aproximadamente. Puntualmente e previa autorización, tamén  emitiu  a través da súa canle en probas,  eventos en UHD de xeito gratuíto, como  o mundial masculino de fútbol de Qatar ou o mundial feminino de fútbol de Australia-Nova Zelandia.

A partir do 7 de febreiro, RTVE  pasará a emitir de xeito regular en UHD no múltiple RGE2, o cal supón achegar a calidade UHD a toda a poboación que actualmente recibe a TDT. Ademais, ao reutilizar unha canle que xa está en uso na actualidade, non será preciso realizar ningún cambio na instalación receptora da TDT.

Cómpre sinalar que para visualizar as emisións en UHD, é preciso contar cun televisor que cumpra cas especificacións técnicas establecidas no artigo 10 do Real Decreto 391/2019, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT.

O mesmo Real Decreto, tamén establece que os televisores dotados cunha pantalla de 40 polgadas ou superior postos no mercado español a partires de abril do 2020, deben contar cun sintonizador para as emisións en UHD.

Fonte: www.rtve.es