Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 22 ao 28 de maio.

22/05/2023: Entre os días 22 e 28 de maio, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de Becerreá, Portomarín, Esgos e Montederramo.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderan nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto A Coruña, Laxe, Santiago de Compostela, Lugo, Monforte de Lemos, As Nogais, Baralla, O Barco de Valdeorras, Cortegada, Ourense, Cuntis e A Lama.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

 

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

 

escort bayan ,escort, atasehir escort