Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 15 ao 21 de maio.

15/05/2023: Entre os días 15 e 21 de maio, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de O Pino.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderan nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto Arteixo, Cambre, Cariño, Curtis, Malpica de Bergantiños, Muros, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Baralla, Burela, Guitiriz, Lugo, As Nogais, A Pobrea do Brollón, Ourense, A Lama, Mos e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

 

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

 

escort bayan ,escort, atasehir escort