“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

RTVE únese á terceira “chamada a Europa” para defender o mantemento das frecuencias de emisión do servizo de televisión dixital terrestre.

05/05/2023: Radiotelevisión Española xunto con organizacións e medios de comunicación europeos, unen forzas de novo baixo o lema “Chamada a Europa 3”, para defender a presenza da TDT no espectro radioeléctrico.  

Na actualidade a TDT utiliza a banda de frecuencias do espectro radioeléctrico que vai de  470 a 694 MHZ, espectro inferior da banda UHF,  e o uso desta banda está blindada para o servizo de televisión terrestre ata o 2030. Así, durante os próximos 7 anos, a actual TDT ten garantida a súa emisión.

Non obstante, na Conferencia Mundial de Radiocomunicacións que se celebrará este outono (CMR-23),  está previsto que se debata a liberación de mais, ou incluso todas as frecuencias da banda que está a utilizar a Televisión Dixital Terrestre para outros usos, como os servizos móbiles de banda ancha, o cal suporía a exclusión dos medios de comunicación audiovisual das ondas.

Nesta terceira edición da campaña, solicítase que desde Europa e as súas institucións se actúe e posicionen na CRM-23, para garantir á TDT o acceso ao espectro radioeléctrico .

O manifesto, presentado simultaneamente por todos os participantes europeos, incide no acceso masivo e asequible, na robustez da radiodifusión terrestre a través do espectro radioeléctrico, en caso de catástrofes naturais ou provocadas, no seu aspecto innovador e na súa distribución sostible.  Por outra banda, lembra que cada día en toda Europa, millóns de persoas  se benefician e gozan das producións audiovisuais e os eventos culturais que emiten a través do espectro inferior da banda UHF (470 – 694 MHz) .

Polo que, os participantes nesta campaña fan unha chamada aos responsables da toma de decisións para que protexan a actual asignación do espectro UHF e así manter a presenza da televisión, para que  poida seguir estando dispoñible de xeito aberto, libre e gratuíto para todos os europeos.

 

Fonte: www.rtve.es