“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Primeiras probas do estandar DVB-I sobre o sinal da Televisión Dixital Terrestre.

02/05/2023: A cátedra RTVE na Universidade Politécnica de Madrid (UPM) ven de realizar a primeira emisión piloto, en España, de canles DVB-I de RTVE vinculados ao sinal de TDT.

A proba consistiu na inserción de sinalización DVB-I dentro do sinal DVB-T. Deste xeito, mentras se emitía na canle tdp HD unha versión realizada do 7 partidos de tenis do torneo Mutua Madrid Open, ofreceuse a posibilidade de que os usuarios puideran seleccionar a cámara individual  de cada unha das 7 pistas a través das canles DVB-I, para visualizar o partido seleccionado.  Para esta emisión utilizouse unha emisión non comercial do múltiple RGE2 na canle 44.

Co DVB-I, a maiores da televisión en directo,  as cadeas de televisión poderán ofrecer contidos adicionais, como a reprodución baixo demanda ou información ampliada, ou controlar audiencias en tempo real, entre outras opcións.

Fonte:

www.rtve.es