Publicase a normativa que modifica a data de cese das emisións de TDT en definición estandar.

18/01/2023: O Ministerio de Asuntos económicos e Transformación Dixital publica hoxe no BOE o Real Decreto 16/2023, polo que se modifica o Real Decreto 391/2019, polo que se aproba o Plan técnico nacional da Televisión Dixital Terrestre e se regulan determinados aspectos para a liberación do segundo dividendo dixital.

A publicación do Real Decreto 16/2023 fai oficial a modificación da data límite para a emisión da TDT en definición estandar (SD),  fixada inicialmente para o 1 de xaneiro de 2023. Deste xeito,  prorroga a limitación temporal da emisión das canles de televisión en SD ata o próximo 14 de febreiro de 2024.  A partir desa data, a emisión do sinal da TDT deberá ser en alta definición (HD).

Para seguir vendo todas as canles,  deberá comprobar que o seu receptor de televisión está preparado para a recepción da TDT en alta definición, en concreto deberá contar coa cualificación HD. Se o seu televisor ten menos de dez anos, xa debería contar con ditas especificacións e poderá seguir vendo a TDT en HD. Se o seu televisor é mais antigo, deberá verificar se nas especificacións conta cun codificador de vídeo H.264/MPEG-4 AVC, especificacións establecidas segundo o Real Decreto 691/2010, do 20 de maio, polo que se regulamenta a Televisión Dixital Terrestre de Alta Definición.

No caso de non dispor dun televisor HD, non sempre será preciso cambiar de televisión, xa que existen dispositivos no mercado para facer compatibles os televisores mais antigos coas emisións da TDT en formato HD, aínda que perdendo as vantaxes da resolución de  alta definición.

Fonte:

BOE

escort bayan ,escort, atasehir escort