“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

O Goberno autorizou as emisións en probas de televisión en Ultra Alta Definición (UHD)

22/11/2022: O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, ven de anunciar,  a través do Subdirector de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico a aprobación das emisións de TDT en 4K en probas en todas as comunidades autónomas de España.

Este anuncio fíxose na última xornada do congreso 4K HDR Summit 2022, un evento mundial celebrado en Málaga, que reúne ás empresas do sector e a profesionais expertos na tecnoloxía UHD.

Segundo o anuncio, o Ministerio autorizou as probas para realizar estas emisións en practicamente todas as capitais de provincia e nalgunhas cidades importantes adicionais, co obxectivo de ir preparando a evolución cara a resolución en UHD e a transmisión da televisión con tecnoloxías mais eficientes, como  DVB-T2.

Compre lembrar que, para poder ver estas emisións experimentais en UHD, é preciso cumprir varias condicións:

  • Estar dentro da zona de cobertura dalgún dos emisores desde os que se realizan as emisións con esta tecnoloxía.
  • Dispoñer na vivenda dun televisor preparado para o DVB-T2, para poder captar este sinal.
  • No caso de comunidades de veciños con instalación de antena colectiva, deberán ter instalado o módulo correspondente á canle na que están a emitir.

No seguinte enlace pódense atopar as canles segundo a comunidade autónoma e a cidade na que se está a emitir. https://www.uhdspain.com/web/wp-content/uploads/2021/06/LISTADO-CANALES-TDT-UHD-SPAIN.pdf, que no caso de Galicia son as seguintes:

CIDADE

CANLE

A Coruña

21

Santiago de Compostela

33

Lugo

37

Ourense

33

Pontevedra

26

 

Fonte: 4Ksummit.com