“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Que é a HbbTV?

Hybrid Broadcast Broadband TV ou “HbbTV” é unha iniciativa creada para harmonizar a emisión de televisión (Broadcast) e os servizos de banda ancha (Broadband) co fin de que os consumidores poidan acceder a novos servizos de entretenemento e interactuar con todos os contidos dixitais que ofrezan as cadeas de televisión, tales como vídeo baixo demanda (VoD), votacións en directo, publicidade interactiva, xogos en rede, redes sociais, a través dos seus televisores. O HbbTV é unha evolución do tradicional teletexto.

Para poder conectarse aos servizos ofrecidos polas cadeas de televisión, é necesario que o televisor teña incorporado o estándar HbbTV ou engadir un módulo adicional aos receptores externos.