“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 24 ao 30 de xullo.

24/07/2023: Entre os días 24 e 30 de xullo, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Sada, Fene, Ferrol, Narón, Malpica de Bergantiños, Coirós, Arzúa, Teo, Oza-Cesuras, Val do Dubra, Palas de Rei, O Corgo, Xunqueira de Ambía, Parada de Sil, Rubiá,  A Cañiza, As Neves, Nigrán, Vigo e  Vilanova de Arousa

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 17 ao 23 de xullo.

17/07/2023: Entre os días 17 e 23 de xullo, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Riós.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Aranga, Cambre, Cedeira, Coirós, A Coruña, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Foz, O Incio, Xove, Lugo, Vilalba, Viveiro, Ourense, Padrenda, Ribadavia, A Rúa, Mos, Pontevedra, Silleda e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Probas da emisión da Televisión Dixital Terrestre a través da tecnoloxía móbil 5G.

13/07/2023:  Entre as opcións de uso da última xeración de redes móbiles, as que emiten con tecnoloxía 5G,  estase a estudar  a posibilidade de ver a Televisión Dixital Terrestre a través dunha conexión 5G, o chamado “5G Broadcast”.

A tecnoloxía 5G facilitará aos radiodifusores a transformación do seu negocio e achegarse ás novas xeracións, altamente conectadas, permitíndolles achegar os seus contidos a calquera dispositivo móbil.

O “5G Broadcast”, non implica recibir a TDT a través de internet, co conseguinte consumo de datos, senón en transmitir directamente a imaxe e o son da Televisión Dixital Terrestre sobre o sinal de telefonía móbil e envialo directamente ao dispositivo móbil, compatible coa tecnoloxía 5G.

Ademais, permite aos radiodifusores interactuar cos espectadores e, sempre que estes teñan a posibilidade de uso de datos no seu dispositivo, poderán acceder a servizos complementarios que ofrezan, como accesos a catálogos baixo demanda, enquisas, sorteos.

Polo de agora en España, so se fixeron emisións en probas da TDT a través do 5G, como a realizada en  febreiro de 2023, durante as celebracións do salón internacional do audiovisual e do Mobile World Congress,  dando cobertura do sinal ao recinto no que se celebran as dúas feiras e transmitindo os contidos proporcionados por RTVE.

Vantaxes do 5G Broadcast:

  • Non xera consumo de datos.
  • Baixo consumo de batería.
  • Non se precisa tarxeta SIM.
  • Goce dos programas de TV desde un dispositivo móbil.

Conta atrás para a emisión de todas as canles de TDT en alta definición (HD).

11/07/2023: A publicación do Real Decreto 16/2023, en xaneiro de 2023, fixo oficial a nova data límite para o fin da emisión das canles de TDT en definición estándar (SD), que quedou fixada para o próximo 14 de febreiro de 2024.  Polo que, en 6 meses, a emisión do sinal da TDT deberá ser unicamente en alta definición (HD).

Isto non implica cambios na cobertura actual do sinal de TDT, polo que non haberá que  facer ningunha modificación na instalación receptora do sinal de televisión terrestre nas vivendas. Porén, haberá que ter en conta que para ver a TDT en alta definición necesitase un televisor que sexa compatible coa calidade HD.

Desde decembro de 2010, todos os televisores cunha pantalla de 21 polgadas ou superior postos á venda, deben de estar adaptados para sintonizar as emisións de televisión dixital terrestre en alta definición. Desde marzo de 2020, esta premisa aplica a todos os televisores postos á venda no mercado español.

Os televisores mais antigos, mercados antes de decembro de 2010,  ou os que teñan o logo “HD Ready”, non son compatibles cas especificacións da emisión en alta definición, e deixarán de visualizar as canles de TDT.

A solución para estes casos, pasa por mercar un novo televisor, que obrigatoriamente debe contar cun sintonizador para as emisións en HD, ou facerse cun sintonizador externo que cumpra cas especificacións da televisión en alta definición, e conectalo a través do conector HDMI ao televisor “HD Ready”, ou a través dun dispositivo de conversión, e así facer compatibles os televisores mais antigos coas emisións da TDT en formato HD, aínda que perdendo as vantaxes da resolución de  alta definición.

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 10 ao 16 de xullo.

10/07/2023: Entre os días 10 e 16 de xullo, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Arteixo, Carballo, Malpica de Bergantiños, Narón, Sada, Oza-Cesuras, O Saviñao, Viveiro, Xinzo de Limia, Ourense, Cambados, Cangas, Mos e Pontevedra.