“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Melloras técnicas en Pantón amplían a cobertura da TDT en Chantada

29/9/11 - Ao redor de catrocentos veciños de Chantada, O Saviñao e Pantón recibirán mellor nos seus domicilios o sinal de televisión a partir de hoxe. Iso será posible grazas á instalación no centro emisor de televisión situado no municipio de Pantón dun dos aparellos denominados multiplex cos que a administración galega está a mellorar a cobertura da TDT nos lugares aos que ata agora chegaba con menos forza.

A este programa de reforzo do sinal de televisión correspóndelle esta semana incrementar a potencia dos centros emisores de Pantón e de Samos. Nestes dous casos, o reforzo será conectado hoxe. O sinal de Pantón permitirá que se poidan ver quince canles de televisión que ata agora non se podían sintonizar na área afectada. Trátase das canles de alta definición de TVE, A Sexta, Telecinco e Antena 3, a canle temática Teledeporte, Catro, Canle+Dúas, A Sexta 2, A Sexta 3, Boing, MTV, A 10, Nitro, Marca TV e 13TV.


A Xunta achega o sinal de TDT a 500 veciños de Cabanas, A Capela e Fene

28/09/11 - A Xunta informou onte de que a posta en funcionamento dos novos múltiplex de Televisión Dixital Terrestre (TDT) no centro reemisor de televisión de Cabanas -prevista para hoxe- permitirá achegar a oferta completa da TDT a case medio milleiro de veciños deste municipio da comarca do Eume, así como dos concellos veciños da Capela e Fene.

Segundo explicou o Goberno galego nun comunicado, na canle 35 poderanse sintonizar o Catro, Canle + Dúas, A Sexta2, A Sexta3 e A SextaHD. No 38 estarán Boing, TelecincoHD, MTV e A 10 e no 28, Nitro, Antena3HD, MarcaTV e 13TV.

Para poder ver estas canles, os interesados deberán dispor da cobertura adecuada, condición que poderán confirmar no número de teléfono 981 572 154 ou na páxina web da oficina técnica da TDT, www.tdtgalicia.es. Unha vez realizado este paso, os veciños poderán realizar unha procura de canles no receptor da TDT.

Un novo múltiplex de TDT en Teo completa a oferta televisiva

28/09/11 - A Xunta de Galicia informou onte de que a posta en funcionamento dun novo múltiplex de Televisión Dixital Terrestre (TDT) no centro reemisor de televisión de Rarís (Teo) permitirá desde hoxe aproximar a oferta completa de TDT a preto dun milleiro de persoas de Santiago de Compostela e Teo (na provincia da Coruña) así como da Estrada (na de Pontevedra) e mesmo a residentes doutros municipios limítrofes.

A entrada en funcionamento dese novo múltiplex está prevista para hoxe, 28 de setembro e permitirá que os beneficiarios gocen de 15 canles da TDT.

Segundo a Xunta, esas 15 cadeas distribuiranse do seguinte modo: TVE de alta definición e Teledeporte estarán na canle 22; Catro, Cana+2, LaSexta2, LaSexta3 e LaSexta en alta definición, na canle 46; Boing, Telecinco de alta definición, MTV e A 10, na canle 38; e Nitro, Antena3 de alta definición, MarcaTV e 13 TV, na canle 28.

Para poder seguir esas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, "dispor da cobertura adecuada" dos devanditos centros. Poden confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por teléfono no 981 572154 ou na web da Oficina Técnica da TDT (www.tdtgalicia.es).

Os veciños de Triacastela poderán ver desde hoxe toda a oferta da TDT

27/09/11 - Todos os veciños de Triacastela porán gozar desde hoxe de toda a oferta da Televisión Dixital Terrestre (TDT), tras a posta en funcionamento dos novos múltiplex da TDT no centro emisor de televisión de Triacastela.

Isto beneficiará a practicamente a totalidade dos veciños dos municipios, pois sufrían problemas de sintonización. Os veciños que recibían a TDT desde a zona de Chao do Monte non podían sintonizar a maioría das canles de televisión, o que se vía agravado polas noites. Isto afectaba aos residentes na capitalidade municipal e doutras moitas parroquias do concello. Pola súa banda, as persoas que vivían nas zonas máis altas do municipio e recibían o sinal do emisor do Páramo non tiñan problemas co sinal.

O Concello puxo en coñecemento da Xunta de Galicia o problema para buscar unha solución, afirmou a alcaldesa, Olga Iglesias, quen se mostrou satisfeita de que desde hoxe os veciños poidan sintonizar todas as canles da televisión dixital.

Catro, Canal+ dos, La Sexta 2, La sexta 3, La sexta HD, Boing, Telecinco HD, MTV, La 10, Nitro, Antena 3HD, Marca TV e 13 TV son as canles que se incorporan nesta nova oferta. Unha vez feitos os axustes, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha procura no receptor da TDT.

Ampliar información –
http://elprogreso.galiciae.com/nova/117413.html

Fonte –
http://elprogreso.galiciae.com/

Os veciños de Boiro, Rianxo e Ribeira terán acceso a novas canles de TDT

26/09/11 - A realización dunha mellora no centro emisor de televisión do monte A Curota permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 6.300 persoas de diversos municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. Entre os beneficiados atópanse cidadáns dos municipios de Boiro, Rianxo e Ribeira.

Segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, hoxe mesmo poranse en funcionamento os novos múltiplex de TDT no centro emisor da Curota. Os beneficiados poderán gozar de quince novas canles. Para poder acceder a eles, os usuarios deberán dispor, en primeiro lugar, da cobertura adecuada, un aspecto que poden confirmar vía telefónica, a través do 981 572 154, ou na páxina web www.tdtgalicia.es.

A continuación, bastará con realizar unha procura de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Ademais, para ver as canles que emiten en alta definición é necesario dispor dun receptor con sintonizador de HDTV.

Esta actuación no emisor da Curota forma parte dun plan que en breve afectará a 67 centros.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/09/26/0003_201109C26C2995.htm

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/