“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A TDT apraza o terceiro dividendo dixital ata despois do 2031.

20/12/2023: O pasado 15 de decembro rematou a Conferencia Mundial de Radiocomunicacións 2023 (CMR23). Nesta conferencia os países de todo o mundo reúnense para tomar decisións sobre o uso do espectro radioeléctrico no futuro, evitando interferencias e facilitando o desenvolvemento tecnolóxico.

O sector do broadcast e o das comunicación electrónicas móbiles estaban á expectativa das resolucións finais da CMR23, xa que estaba en xogo o uso futuro das frecuencias que actualmente están reservadas en exclusiva para o servizo de Televisión Dixital Terrestre, as frecuencias 490 a 694 MHz da banda UHF. Esta banda está moi cotizada xa que, para as comunicacións electrónicas móbiles,  ofrece maior cobertura e penetración en edificios.

A resolución 235 garante que non se tocarán esas frecuencias ata o 2031, ano no que se celebrará a seguinte Conferencia Mundial de Radiocomunicacións e se volva a examinar a situación e necesidades futuras de uso do espectro. Polo tanto, queda blindado en Europa ese anaco de espectro para o servizo gratuíto da televisión.

Despois de dous dividendos dixitais, nos que houbo que liberar as frecuencias que estaban a ser utilizadas pola televisión para o seu uso para as comunicacións móbiles, esta resolución da un respiro ás concesionarias do servizo de TDT e tamén aos usuarios, xa que garante que non haberá cambios nas frecuencias de emisión da TDT. En calquera caso, a data para establecer un posible terceiro dividendo dixital está fixada para 2031, emprazando aos países a que participen activamente nos estudos de revisión de uso do espectro e necesidades das aplicacións de radiodifusión e servicios móbiles dentro da banda 470-694 MHz, que serán presentados no CMR31 para a toma de decisións de posibles accións regulamentarias.

Fonte: https://www.itu.int/dms_pub/itu-r/opb/act/R-ACT-WRC.15-2023-PDF-E.pdf

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 18 ao 24 de decembro.

18/12/2023: Entre os días 18 e 24 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Bergondo, A Coruña, Ferrol, Fisterra, Monfero, Noia, Ribeira, Chantada, A Fonsagrada, Paradela, A Pastoriza, Pol, O Saviñao, Taboada, A Merca, Montederramo, A Peroxa, A Cañiza, O Grove e Oia.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 11 ao 17 de decembro.

11/12/2023: Entre os días 11 e 17 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Negreira, Oroso, Ponteceso, Ribeira, Baralla, Castroverde, Monforte de Lemos, Ribadeo, O Saviñao, Viveiro, Maside Ourense, San Cibrao das Viñas, A Cañiza e Ponteareas.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 4 ao 10 de decembro.

04/12/2023: Entre os días 4 e 10 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son  A Gudiña e A Teixeira.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Lousame, Ortigueira, O Pino, O Corgo, Chantada, A Fonsagrada,  O Incio, A Pobra do Brollón, Monterrei, Bueu, Dozón e Redondela.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 27 de novembro ao 3 de decembro.

27/11/2023: Entre os días 27 de novembro e o 3 de decembro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son  Folgoso do Courel, A Merca e Dozón

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Curtis, Miño, Noia, A Pastoriza, Ribadeo, Samos, A Cañiza, Catoira, O Porriño e Ribadumia.