“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A resintonización de canles de TDT, ‘sen ningunha incidencia reseñable’ segundo Industria

28/10/14 – Un portavoz do Ministerio de Industria asegurou hoxe que o proceso de recolocación de frecuencias de TDT, realizado polos diferentes operadores de televisión este domingo, levouse a cabo de maneira 'satisfactoria' e 'sen producirse ningunha incidencia reseñable'

Como xa informamos en prnoticias, o pasado domingo 26 de outubro as canles da TDT trasladábanse de frecuencia. Neste sentido, un portavoz de Industria declarou a Servimedia que 'todo o proceso realizouse no horario previsto de mínima audiencia de 2:00 a 5:30 da madrugada do sábado ao domingo e destacamos o bo traballo dos operadores'.

Os datos ofrecidos por Industria revelan que o centro de atención a usuarios habilitado para o dividendo dixital recibiu un total de 5.000 chamadas de cidadáns interesados na resintonización de canles e a adaptación de antenas. Pola súa banda, a páxina web informativa deste cambio de frecuencia alcanzou as 60.000 visitas.

En último lugar, Industria insistiu no chamamento do Goberno ás comunidades de veciños e fogares unifamiliares para que contacten canto antes cos seus instaladores de telecomunicacións e adapten se é preciso as antenas das súas vivendas.

Ampliar información –
http://www.prnoticias.com/index.php/television/360-television-digital/20135392-industria-resintonizacion-tdt

Fonte –
http://www.prnoticias.com/

Paramount Channel cesará no múltiplex 68 o 11 de novembro

27/10/14 – Segue a confusión entre os usuarios no que incumbe á resintonización da TDT.

A última novidade atopámola na canle temática dedicado ao cinema e cunhas máis que óptimas audiencias como é Paramount Channel.

Paramount Channel, a cadea do grupo Viacom ten previsto abandonar a vella frecuencia SFN3 (múltiplex da canle 68) o próximo 11 de novembro.

Desta maneira só estará presente na nova frecuencia MPE1 polo que non emitirá en dobre iluminación na TDT, é dicir, no que se coñece com Simulcast.

Algo parecido pode ocorrer con Discovery Max que está a estudar tamén desaparecer da vella frecuencia antes do 31 de decembro do 2014.

Todos estes cambios obrigarán aos sufridos usuarios a realizar a resintonización moito antes do anunciado polo Ministerio de Industria, tendo presente que se anunciou o 1 de xaneiro de 2015 como data límite para a eliminación dos múltiplex nacionais da TDT que deben dar paso á tecnoloxía 4G.

Mediaset e  Atresmedia polo momento si teñen previsto realizar o Simulcast até fin de ano.
Ampliar información –
http://satcesc.com/web/2014/10/27/paramount-channel-cesara-en-el-multiplex-68-el-11-de-noviembre/#ixzz3HWRVzRkQ

Fonte –
http://satcesc.com/

Como sintonizar as canles de TDT

25/10/14 – Este domingo non só cambia o horario. Tamén as canles de televisión múdanse de frecuencia, polo que todos os usuarios deben resintonizar os seus televisores para seguir vendo a programación completa da televisión dixital terrestre (TDT). As principais cadeas están a emitir estes días anuncios avisando deste proceso e tanto as empresas audiovisuais como o Ministerio de Industria están a recibir numerosas consultas de usuarios preocupados polo cambio.

Pero non debe render o pánico. Ningún telespectador vai sufrir un apagamento dos seus programas favoritos este domingo. E é que aínda que o proceso empece mañá, os usuarios teñen até o 31 de decembro para adaptarse á nova situación. Até esa data a maior parte das canles poderanse ver simultaneamente na nova e a antiga frecuencia. Ademais en moitos casos (os usuarios que vivan en edificios de varias vivendas), a resintonización só será efectiva se previamente a comunidade de veciños contratou a un antenista para que prepare as antenas colectivas do inmoble para a recepción das novas canles.

Ampliar información –
http://economia.elpais.com/economia/2014/10/24/actualidad/1414165297_863862.html

Fonte –
http://elpais.com

Uns 61.000 edificios en Galicia deberán adaptar as súas antenas colectivas pola liberalización do Dividendo Dixital

24/10/14 – Uns 61.000 edificios en Galicia deberán adaptar as súas instalacións de antenas colectivas, se non o fixeron xa, debido ao proceso de liberalización do Dividendo Dixital, que permitirá o despregamento da tecnoloxía 4G. Para iso, terán de prazo ata o 31 de decembro, aínda que antes, este domingo, todos os fogares galegos terán que sintonizar os seus televisores, segundo recordou o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo-Sotelo.

Tras unha reunión no Concello da Coruña, coa presenza do rexedor, Carlos Negreira, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o secretario de Estado incidiu en que «toda a poboación» ten que resintonizar os seus aparellos de televisión este domingo. «Se non se resintorniza deixaranse de ver algunhas canles», indicou Víctor-Calvo Sotelo, que recordou que ata o 31 de decembro veranse «en dúas frecuencias». «Logo perderase un de eles», dixo polo despregamento da tecnoloxía 4G. Dela, precisou que permitirá recibir o sinal «con mellor calidade». Ademais, precisou que esta frecuencia é «a indicada» para o desenvolvemento rural da telefonía móbil.

Por outra banda, recalcou que as persoas que vivan en edificios terán que chamar a un instalador «para amplificar o sinal de cada unha das canles e non perder algúns», subliñou. Para iso, volveu a insistir que haberá de prazo ata o 31 de decembro.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/10/24/61000-edificios-galicia-deberan-adaptar-antenas-colectivas-liberalizacion-dividendo-digital/00031414163370950583329.htm

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/

As canles de TDT deberán resintonizarse o 26 de outubro para a adaptación ao dividendo dixital

09/10/14 – Os cidadáns deberán resintonizar os seus televisores o próximo 26 de outubro para adaptar as canles de TDT ás novas frecuencias como consecuencia do dividendo dixital, que provocará o paso da banda de 800 MHZ do uso televisivo á súa utilización por parte das operadoras de telecomunicacións no móbil 4G.

Nun comunicado, o Ministerio de Industria lembrou que, para facilitar esta adaptación, algunhas canles de televisión emitiranse durante un período de tempo en simulcast, de forma simultánea na antiga e a nova frecuencia.

O proceso deberá finalizar antes do 1 de xaneiro de 2015, data na que todos os programas de televisión emitirán unicamente pola nova frecuencia.
Así, Industria volveu a alertar de que é fundamental que os cidadáns que viven en edificios con antenas colectivas chame ao instalador 'canto antes'.

Neste sentido, o Goberno lembrou que se puxo en marcha un plan de axudas para subvencionar as adaptacións ás comunidades de propietarios. As axudas solicitaranse unha vez realizadas as actuacións e están destinadas ás comunidades de propietarios dun edificio ou conxunto de edificios de vivendas suxeito ao réxime de propiedade horizontal, e que teñan instalado un sistema de antena colectiva baseado en monocanles ou nunha central programable. Ademais, só poderá solicitarse unha subvención por cada comunidade de propietarios.

Ampliar información –
http://cincodias.com/cincodias/2014/10/09/empresas/1412866754_385830.html

Fonte –
http://cincodias.com/