“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

O Goberno publica a folla de ruta para a liberación do segundo dividendo dixital

29/06/2018 - O Ministerio de Economía e Empresa publicou a folla de ruta do proceso de autorización da banda de frecuencias de 700 MHz para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas de banda larga sen fíos.

Este proceso de liberación da banda de 700 MHz, coñecido como Segundo Dividendo Dixital, terá que finalizar o 30 de xuño de 2020 segundo o calendario establecido pola normativa europea, e ten como obxectivo garantir a prestacións de servizos con tecnoloxía 5G e a extensión da súa cobertura, en particular, nas zonas rurais.

Desta forma, aprobaranse diversos instrumentos normativos antes de finalizar 2018, procederase á aprobación dun novo Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre (TDT) co obxectivo de manter o número de múltiples nacionais e autonómico, e consecuentemente, a actual oferta de canles de televisión e capacidades de desconexión territorial.

Ademais, entre os obxectivos tamén está aprobar antes do final de ano un réxime de compensacións para a adaptación das instalacións de recepción dos edificios ás novas frecuencias, e para a actualización do equipamento de transmisión dos radio difusores.

Acceder á nota de prensa:
http://www.mineco.gob.es/stfls/mineco/prensa/ficheros/noticias/2014/180629_np_segundo_dividendo.pdf

Fonte:
Ministerio de Economía y Empresa (http://www.mineco.gob.es)

Informe da CNMC sobre a liberación do segundo Dividendo Dixital

22/06/2018- A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) publicou un informe sobre as actuacións necesarias para a liberación do segundo Dividendo Dixital en condicións óptimas.

Segundo publica no seu blog, a CNMC analiza nun informe o escenario que se presenta para os axentes implicados nesta nova liberación de frecuencias. Neste informe, analizan as actuacións máis idóneas para a liberación da banda de 700MHz que, segundo as directrices europeas, deberá estar disponible como máximo o 30 de xuño de 2020 para que os operadores poñan en marcha a rede con tecnoloxía 5G.

Fonte:

https://blog.cnmc.es/2018/06/21/las-frecuencias-de-la-tdt-se-preparan-para-la-mudanza/

https://www.cnmc.es/expedientes/infdtsa16917

RTVE, Atresmedia e Mediaset presentan unha plataforma conxunta de contidos con tecnoloxía HbbTV

18/05/18 – O próximo 14 de xuño iniciará a súa actividade en probas LOVEStv, unha plataforma desenvolvida de forma conxunta por Radio Televisión Española, Atresmedia e Mediaset España, que agrupará os contidos audiovisuais dos tres grupos de comunicación. 

LOVEStv supón unha aposta de valor engadido á oferta da televisión en aberto cunha experiencia de usuario mais completa a través dos servizos que ofrece a tecnoloxía HbbTV. 

A tecnoloxía HbbTV permite interactividade, mobilidade e unha mellora na experiencia de consumo televisivo. Esta tecnoloxía permite aos usuarios acceder a diferentes contidos audiovisuais no seu televisor de forma interactiva: TV á carta, documentais, series, películas, información, comezar un programa desde o seu inicio, etc. Actualmente TVE utiliza esta tecnoloxía para dar o servizo do botón vermello.  

Fonte:

http://www.rtve.es/rtve/20180517/rtve-atresmedia-mediaset-espana-presentan-identidad-corporativa-lovestv-plataforma-conjunta-contenidos-tecnologia-hbbtv/1735362.shtml

https://www.mediaset.es/telemania/empresas/empresas-nacionales/LOVEStv-plataforma-hbbtv-desarrollada-RTVE-Atresmedia-Mediaset_0_2564100154.html

http://www.antena3.com/noticias/tecnologia/plataforma-lovestv-desarrollada-atresmedia-rtve-mediaset-espana-nacera-proximo-junio_201805175afdb5300cf21eba122b7735.html

Comeza a emisión dunha canle de TDT en Ultra Alta Definición en Galicia

04/05/2018 – O 3 de maio presentouse no Centro Tecnolóxico de Televés Corporación, en Santiago de Compostela, a posta en marcha dunha canle de televisión dixital terrestre emitindo en probas en ultra alta definición (UHD) ou 4K. 

Televisión Española, en colaboración con Cellnex Telecom, que achega a infraestrutura, e Televés, fabricante do equipamento utilizado, emitirá en 4K durante polo menos seis meses desde o centro emisor no monte Pedroso en Santiago de Compostela. O contido desta emisión, que ocupa a canle 33, é un documental de Radiotelevisión Española (RTVE) sobre Santiago de Compostela, dentro da serie Ciudades Patrimonio de la Humanidad. 

O obxectivo principal é realizar probas de carácter técnico coa modulación DVB-T2 (TDT de segunda xeración), entre elas, analizar algunhas funcións avanzadas da TDT como a recepción en mobilidade. Non obstante, esta emisión pode ser captada en calquera vivenda na área de Santiago de Compostela con posibilidade de recibir esta canle e cun televisor preparado para o DVB-T2. 

Compostela é a cuarta cidade española en recibir emisións de televisión en 4K a través da TDT, despois de Madrid, Barcelona e Sevilla, onde xa se realizaron experiencias similares. 

Acceder á nota de prensa:

https://www.televes.com/es/prensa/televes-pone-en-marcha-un-canal-de-ultra-alta-definicion-en-la-tdt-para-el-area-de-santiago

Finaliza o prazo de presentación da consulta pública sobre o segundo Dividendo Dixital e iníciase a licitación de frecuencias para o uso da tecnoloxía 5G.

26/02/2018 - O 19 de febreiro expirou o prazo para remitir propostas ao Goberno no marco da consulta pública aberta para deseñar o plan e o calendario do segundo dividendo dixital. O obxectivo agora é incorporar as suxestións ao documento que se está a elaborar desde o Ministerio de Enerxía, Industria e Axenda Dixital que establecerá a folla de ruta para a liberación do segundo Dividendo Dixital e que deberá estar presentado ante a Unión Europea antes do 30 de xuño deste ano.

Durante este ano as tres principais prioridades en canto a Axenda Dixital son: resolver a primeira parte das adxudicacións das licenzas de 5G (as que no van a utilizar a banda do espectro do segundo dividendo dixital), despois asegurarse o correcto cumprimento do plan de implantación de banda larga en zonas rurais adxudicado ao comezo deste ano e, por último, por en marcha a folla de ruta do dividendo dixital.

Respecto ás licenzas 5G, o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital anunciou o pasado 21 de febreiro, que se inicia o proceso de licitación das bandas de frecuencias para a nova tecnoloxía para móbiles 5G. O proceso de licitación para as bandas de frecuencia estará aberta ata o 14 de marzo para que as partes interesadas realicen aportacións e comentarios, segundo indica o ministerio en nota de prensa.

Acceder á nota de prensa:

http://www.minetad.gob.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/2017/documents/180221%20np%20límite%20frecuencias%20banda%2034-38ghz.pdf