“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Finaliza o prazo de presentación da consulta pública sobre o segundo Dividendo Dixital e iníciase a licitación de frecuencias para o uso da tecnoloxía 5G.

26/02/2018 - 0 19 de febreiro expirou o prazo para remitir propostas ao Goberno no marco da consulta pública aberta para deseñar o plan e o calendario do segundo dividendo dixital. O obxectivo agora é incorporar as suxestións ao documento que se está a elaborar desde o Ministerio de Enerxía, Industria e Axenda Dixital que establecerá a folla de ruta para a liberación do segundo Dividendo Dixital e que deberá estar presentado ante a Unión Europea antes do 30 de xuño deste ano.

Durante este ano as tres principais prioridades en canto a Axenda Dixital son: resolver a primeira parte das adxudicacións das licenzas de 5G (as que no van a utilizar a banda do espectro do segundo dividendo dixital), despois asegurarse o correcto cumprimento do plan de implantación de banda larga en zonas rurais adxudicado ao comezo deste ano e, por último, por en marcha a folla de ruta do dividendo dixital.

Respecto ás licenzas 5G, o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital anunciou o pasado 21 de febreiro, que se inicia o proceso de licitación das bandas de frecuencias para a nova tecnoloxía para móbiles 5G. O proceso de licitación para as bandas de frecuencia estará aberta ata o 14 de marzo para que as partes interesadas realicen aportacións e comentarios, segundo indica o ministerio en nota de prensa.

Acceder á nota de prensa:

http://www.minetad.gob.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/2017/documents/180221%20np%20límite%20frecuencias%20banda%2034-38ghz.pdf

 

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea anula a Decisión da Comisión pola que ordenaba recuperar as axudas estatais concedidas para a transición á TDT.

20/12/2017 - O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ven de ditar sentenza no caso das axudas estatais a operadores para realizar o  proceso de transición da televisión con tecnoloxía analóxica á dixital en zonas remotas.

Co gallo dunha denuncia presentada no ano 2009 polo operador de satélites SES ASTRA ante a Comisión da Unión Europea, esta adoptou a Decisión 2014/489/UE de declarar ilegais as axudas concedidas durante o proceso de transición á TDT aos operadores de televisión terrestre para o despregamento, mantemento e explotación da rede de televisión dixital nas zonas menos urbanizadas e remotas. Nesta Decisión a Comisión Europea ordenou recuperar dos seus beneficiarios as axudas concedidas. Despois de varias sentenzas do Tribunal Xeral da Unión Europea nas que confirmaba a decisión da Comisión, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou sentenza hoxe sobre os recursos de casación presentados por España e varias Comunidades Autónomas e operadores de televisión dixital terrestre, entre eles a Comunidade Autónoma de Galicia e Retegal, o operador público galego. 

Nas sentenzas ditadas hoxe, o Tribunal de Xustiza desestima os recursos de casación interpostos por España, Comunidade Autónoma do Pais Vasco e Itelazpi,  Comunidade Autónoma de Cataluña e CTTI, Navarra de Servicios y Tecnologías e Cellnex Telecom  e Retevisión I.

Por outra banda, a sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza para o recurso de casación presentado pola Comunidade Autónoma de Galicia e Retegal, anula a Decisión 2014/489/UE de la Comisión, de 19 de junio de 2013, relativa a la ayuda estatal SA.28599, por insuficiencia de motivación, polo que España non terá que recuperar as axudas concedidas.

Acceder á nota de prensa:

https://curia.europa.eu/jcms/upload/docs/application/pdf/2017-12/cp170142es.pdf

 

Novo software que permite a consulta da cobertura de TDT desde dispositivos móbiles segundo a súa posición.

21/12/15 - A Oficina do Dividendo Dixital en Galicia presenta a posta en marcha dun desenvolvemento web que permite a consulta de cobertura do sinal de TDT desde dispositivos móbilies (smartphones).

Para o seu uso é preciso dispor dunha conexión de datos e non precisa instalación. A consulta de cobertura realizase accedendo directamente á seguinte URL:

http://gis.tdtgalicia.es/coberturatdt/index.php

 

Así, a partir dos datos de ubicación (GPS) do dispositivo, ofrécese información (canles emitidas, acimut, ...) sobre os centros que dan cobertura ao núcleo de poboación máis próximo. Adicionalmente é posible consultar o perfil do terreo entre a posición do móbil e o centro de difusión seleccionad.

O funcionamento da aplicación web de consulta de cobertura está probado nas últimas versións dos sistemas operativos de dispositivos móbiles Android, iOS e Windows Phone e utilizando os navegadores habituais (Google Chrome, Safari, Internet Explorer, Firefox, ...)

Esta nova ferramenta substitúe á aplicación de realidade aumentada iTera desenvolvida pola Oficina da TDT a principios de 2012.

Adjuntos:
Descargar este archivo (Manual uso WebMobilCoberturas v1.pdf)Manual de usuario[ ]1439 kB

O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda dixital abre unha consulta pública sobre o segundo dividendo dixital

28/11/2017 - O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital abre unha consulta pública co obxectivo de recabar propostas e información relevante para a planificación do chamado segundo dividendo dixital.

A decisión (UE) 2017/899 do Parlamento europeo e do consello de 17 de maio de 2017, sobre o uso da banda de frecuencias 470-790MHz na Unión, establece que, a mais tardar, o 30 de xuño de 2018, os Estados membros adoptarán e farán público o plano e calendario para levar a cabo a autorización do uso da banda de frecuencias de 700 MHz. Neste senso, o Ministerio abre unha consulta pública estruturada en 17 preguntas co fin de dispor das aportacións que poidan realizar as Administracións públicas, operadores e empresas de distintos sectores, asociacións de consumidores e usuarios e a sociedade no seu conxunto, sobre a liberación da banda de 700 MHz, coñecido como segundo dividendo dixital.

En liña cas directrices da Unión Europea, contémplase garantir a dispoñibilidade, como mínimo ata 2030, da banda de frecuencias de 470-694 MHz para a distribución de servizos de televisión dixital terrestre (TDT).

As contribucións que se queiran realizar pódense remitir ao Ministerio ata o 19 de febreiro de 2018.

Acceder á nota de prensa:

http://www.minetad.gob.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/2017/documents/171128%20np%20consulta%20p%C3%BAblica%20700%20mhz.pdf

O Consello de Ministros aproba a adxudicación de 6 licenzas de televisión en aberto de cobertura estatal

16/10/2015 - O Plan Técnico Nacional da TDT aprobado en setembro de 2014 contempla capacidade dispoñible para novas canles de TDT de cobertura estatal. En consecuencia, de acordo co previsto na Lei 7/2010, de 31 de marzo, Xeneral da Comunicación Audiovisual, o pasado mes de abril o Consello de Ministros aprobou o prego de bases do concurso das novas licenzas e procedeu á súa convocatoria.

Unha vez concluído o traballo de análise e avaliación das ofertas presentadas por parte da Mesa Técnica de Avaliación, o Consello de Ministros acordou a adxudicación de 6 licenzas de televisión, en réxime de emisión en aberto de cobertura estatal, proposta pola Mesa. Cada licenza permitirá explotar unha canle de televisión.

Así, por unha banda, adxudícanse tres licencias para a emisión dunha canle en alta definición a Real Madrid Club de Fútbol, Atresmedia Corporación Medios de Comunicación, S.A. e Mediaset España, S.A., respectivamente.

Doutra banda, adxudícanse tres licencias para a emisión unha canle en calidade estándar a 13 TV, S.A., Radio Blanca, S.A. e Central Broadcaster Media, S.L.U., respectivamente.

Acceder á nota de prensa:
http://www.minetur.gob.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/2013/documents/npadjudicacioncanalestdt161015.pdf