“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

RTVE informa sobre o proceso de liberación do Dividendo Dixital e reantenización da TDT

2709/14 - /RTVE informa a través dunha reportaxe sobre qué significa a liberación do Dividendo Dixital e porqué debemos adaptar as antenas colectivas.

http://www.rtve.es/drmn/embed/video/2780135

Convocatoria de subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de TDT mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas que hai que revitalizar do PDRS en Galicia

29/04/14 - A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Administración Xeral do Estado, van destinar 206.340 euros no exercicio 2014 para subvencionar a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, pertencentes, fundamentalmente, aos concellos do interior de Lugo e de Ourense. A axuda será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboran coa Xunta de Galicia 

O prazo para que os beneficiarios presenten as solicitudes (a través dos instaladores autorizados) comeza mañá e rematará o 30 de setembro de 2014.

Publicación da convocatoria das axudas no DOG

O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) permite disfrutar de xeito gratuíto das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Serán subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar como máximo un equipamento por usuario e vivenda. Ademais, co fin de non discriminar ás familias que xa teñan instalado pola súa conta un equipo para a recepción deste servizo, estas poderán solicitar subvención para un segundo receptor na súa vivenda. Non poderan solicitar a subvención nesta convocatoria as familias ás que se lle concedeu a axuda na convocatoria de 2013.

A Xunta prevé prorrogar este plan ata o ano 2015, o que suporá un investimento total en todo o período de algo máis de 400.000 euros e beneficiará arredor de 1.400 familias de 78 concellos do interior de Lugo e de Ourense.

Acceda á nota de prensa

MapaPDRS

 

Retegal informa de cortes de emisión no múltiple autonómico por traballos programados no centro de Xiabre

18/12/13 - Segundo información trasladada pola empresa Retegal, o vindeiro venres 27 de Decembro producirase un corte na emisión do múltiple autonómico (TVG, G2 e V Televisión) no seu centro emisor do sinal de TDT de Catoira instalado no monte Xiabre no concello de Catoira.

O corte da emisión producirase entre as 11:00 e as 11:30 da mañá e afectará a unhas 75.000 persoas principalmente dos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Rianxo, Valga, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa,

Retegal informa de cortes de emisión no múltiple autonómico por traballos programados no centro de O Barco

18/12/13 - Segundo información trasladada pola empresa Retegal, o vindeiro xoves 19 de Decembro producirase un corte na emisión do múltiple autonómico (TVG, G2 e V Televisión) no seu centro emisor do sinal de TDT de O Barco, instalado no Alto do Monzón no concello de Vilamartín de Valdeorras.

O corte da emisión producirase entre as 11:30 e as 12:00 da mañá.

Os centros dependentes de O Barco que se verán afectados son os seguintes:

Centro

Concello

Langullo

Manzaneda

A poboación afectada por dito corte serán unas 20.000 persoas principalmente dos concellos de A Pobra de Trives, A Rúa, Larouco, Manzaneda, O Barco de Valdeorrras, Petín e Vilamartín de Valdeorras.

Retegal informa de cortes de emisión no múltiple autonómico por traballos programados no centro de Domaio

18//12/13 - Segundo información trasladada pola empresa Retegal, o vindeiro xoves 19 de Decembro producirase un corte na emisión do múltiple autonómico (TVG, G2 e VTelevisión) no seu centro emisor do sinal de TDT de Domaio (Moaña)

O corte da emisión producirase entre as 2:30 e as 6:30 da madrugada

Os centros dependentes de Domaio que se verán afectados son os seguintes:

Centro

Concello

Lavadores

Vigo

Meis

Meis

Nigrán

Gondomar

Cotobade

Cotobade

Cerdedo

Cerdedo

Carballás

Cerdedo

Cangas

Cangas

Campolameiro

Campolameiro

Bueu

Bueu

Curota

A Pobra do Caramiñal

Marcosende

Vigo

Priegue

Nigrán

Bembrive

Vigo

Tebra

Tomiño

Soutelo

Salceda de Caselas

Reigosa

Ponte Caldelas

Pazos

Ponte Caldelas

Xeve

Pontevedra

Canicouva

Pontevedra

Castrove

Pontevedra

Borbén

Pazos de Borbén

Torroña

Oia

Meaño

Meaño

San Xulián

Marín

Sucastro

A Lama

Paradela

A Lama

Os Muiños

A Lama

Cernedo

A Lama

Ventín

Fornelos de Montes

Couñago

Fornelos de Montes

Calvos

Fornelos de Montes

Pazos

Ribeira

Baredo

Baiona

San Alberto

Ribeira

Chorente

Rianxo

Chan do Monte

Dodro

Sandrenzo

Boiro

 

 A poboación afectada por dito corte serán unas 550.000 persoas principalmente dos concellos de Vigo, Marín, O Grove, Cangas, Bueu, Campolameiro, Cerdedo, Cotobade, Gondomar, Nigrán, Meis, Meaño, Soutomaior, Sanxenxo, Moaña ou Poio.